Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela proxecta o primeiro Centro municipal de atención a persoas sen fogar

Pese a existir o albergue de Xoán XXIII, Compostela non dispón lugar de atención a persoas sen fogar algo que pode cambiar grazas aos fondos EDUSI.

compostela-centro-atencion-persoas-sen-fogar-slide-14-febreiro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 14 de febreiro do 2018 –  Pese a existir o albergue de Xoán XXIII, Compostela non dispón lugar de atención a persoas sen fogar algo que pode cambiar grazas aos fondos EDUSI.
    • Proceso consultivo
    • Residencia e centro de día

Compostela, 14 de febreiro do 2018 –  Pese a existir o albergue de Xoán XXIII, Compostela non dispón lugar de atención a persoas sen fogar algo que pode cambiar grazas aos fondos EDUSI.

O Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar estará localizado no edificio que ocupa actualmente o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís. O obxectivo é que estea rematado ao longo de 2020. O novo servizo contará tanto cunha área residencial como cunha zona para a atención diúrna.

Proceso consultivo

O deseño do Centro Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar é o resultado dun proceso participativo de carácter consultivo que se prolongou durante máis de oito meses. Ese proceso estivo coordinado pola psiquiatra Lucía del Río, que explicou que nas mesas de debate participaron profesionais dos ámbitos da saúde e dos servizos sociais, as entidades que participan na mesa de senfogarismo e as propias persoas sen fogar. Lucía del Río recoñeceu que “este proceso foi fundamental para perfilar os servizos e mesmo os horarios precisos no centro”. Tamén axudou a definir a localización, porque “as propias persoas sen fogar expresaron o seu rexeitamento a un edificio céntrico, porque unha saída á rúa faríaas sentir demasiado expostas”.

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos presentou a proposta, despois de que a Xunta de Goberno acordara solicitarlle ao Ministerio de Facenda a súa inclusión na EDUSI. Concha Fernández explicou que “Santiago é deficitario na súa atención a persoas sen fogar, porque non existe ningún centro aberto en horario nocturno máis alá do albergue de Xoán XXIII, no que as persoas só poden permanecer dez días cada mes”. Ademais, a edil incidiu en que “é preciso apostar pola xestión pública que lidere e coordine a intervención coas entidades sociais e co sistema de saúde”.

Residencia e centro de día

O Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar está concibido para atender a todas as necesidades das persoas sen fogar, tendo en conta tamén a diversidade de perfiles que requiren espazos e modalidades de participación e intervención psicosocial. Para iso, estará distribuído en dous módulos ou edificios diferenciados, un para Área de Acollida Residencial Temporal, e outro para Centro de Atención Diúrna.

A Área de Acollida Residencial Temporal ofrecerá aloxamento en réxime de media estadía e estará aberta as 24 horas, os 365 días do ano. Esta zona estaría pensada para aloxar a un máximo de 17 persoas, e podería ser utilizada durante períodos de ata ano e medio sempre que se cumpran determinados criterios relacionados coa inclusión social. A estadía básica sería de dous meses. Concha Fernández explicou que os usuarios e usuarias poderían ser “persoas sen fogar, pero tamén persoas que viven en condicións de chabolismo ou en vivendas que non poidan ser consideradas dignas”.

En canto á Área de Atención Diúrna, estará aberta de 8:30 a 22:00 horas de luns a domingo, incluídos festivos. Terá dúas zonas diferenciadas: un espazo de servizos pensado para que os usuarios e usuarias poidan satisfacer as súas necesidades básicas (aseo, lavandería, sala de descanso…), e un espazo destinado a favorecer a inclusión de persoas sen fogar, a través da celebración de diferentes aulas e talleres. Estímase que esta área poderá ser utilizada por unhas 90 persoas ao día, 30 de forma simultánea.

A actuación que o Concello prevé financiar con cargo á EDUSI contempla tanto a rehabilitación e o acondicionamento do edificio de Belvís como a posta en marcha do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar. O orzamento previsto é dun millón de euros, dos que 800.000 euros procederían de fondos europeos.

Concha Fernández explicou que o prazo de execución previsto é de 36 meses, de xeito que o Centro non estaría operativo antes de remate de 2020.

Post navigation

Previous: O Santiago  Futsal recibe reforzos de Tailandia
Next: Denuncian que o goberno da Estrada furta competencias ao pleno

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.