Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Reclaman máis apoio ao emprego para as persoas con trastorno mental

cegasal apoio persoas demencia 2 outubro 2025

Cegasal pide máis apoio institucional para derrubar o estigma que aínda exclúe do emprego ás persoas con trastorno mental


Capacitadamente é un proxecto que ven de rematar a súa segunda edición e que busca oportunidades reais de emprego para persoas con problemas de trastorno mental. Impulsada por Cegasal, unha asociación de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, contou co apoio de Johnson & Johnson.

A antiga escola rural de Figueiras acolleu o acto de clausura de Capacitadamente, un proxecto pioneiro impulsado por Cegasal que busca derrubar o dobre estigma que da discapacidade e o do prexuízo social. Nesta edición, unha vintena de participantes recibiron o seu diploma, e varios deles xa teñen contratos asinados ou prácticas en marcha.

O presidente de Cegasal, Mino Martínez, subliñou que “non estamos aquí só para pechar un programa, senón para celebrar un paso máis cara a unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e máis consciente de que ninguén pode quedar atrás”.

Martínez agradeceu o compromiso das empresas colaboradoras, como Johnson & Johnson, e lembrou que a continuidade do proxecto precisa “apoio decidido e estable das administracións públicas, porque cada persoa que queda fóra do mercado laboral é unha oportunidade perdida para ela e para o conxunto da sociedade”.

O xerente rexional de Acceso ao Mercado de Johnson & Johnson, Antolín Castedo, destacou que para a compañía “a responsabilidade social corporativa non é unha iniciativa illada, é o alicerce da nosa identidade. Forma parte de cada decisión e de cada produto, e por iso apoiamos proxectos como Capacitadamente, que facilitan a inclusión real de persoas con discapacidade no tecido económico e social de Galicia”.

Tamén interveu Carlos Martínez, xerente do Centro Especial de Emprego ERIT Itínera, que acolleu parte da formación. Cun ton próximo e cheo de humor, relatou a historia do centro e recoñeceu que “a confianza de Cegasal e o éxito de iniciativas como esta foron claves para darlle ao proxecto estabilidade e futuro”.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago, María Rozas, e a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental da Xunta de Galicia, Almudena Díaz, asistiron á entrega de diplomas aos participantes, poñendo en valor o impacto social e transformador dun proxecto que “dálle unha lección á sociedade e ás institucións sobre o que significa apostar pola inclusión real”.

Rozas foi especialmente clara ao recoñecer a falta de implicación das administracións públicas neste tipo de iniciativas e apelou a un maior compromiso institucional para impulsar proxectos que, como Capacitadamente, “marcan a diferenza real na vida das persoas”: “Non estivemos á altura”, afirmou, “e iso ten que cambiar”, dixo.

Un proxecto que transforma vidas

Durante meses, Capacitadamente ofreceu formación práctica en ámbitos como hostalaría, xardinaría ou habilidades prelaborais, ademais de acompañamento emocional e apoio persoal. O resultado: persoas que levaban anos afastadas do mercado laboral deron un paso firme cara a súa inclusión, recuperando confianza e expectativas.

Unha das conclusións que deixou o acto é clara: cando se lles abre unha porta, as persoas con problemas de saúde mental responden con talento, compromiso e ilusión.

Post navigation

Previous: Mover os Marcos toma Compostela
Next: Concellos pola gratuidade solicitan audiencia ao Ministro Oscar Puente

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.