займ срочно

A Xunta de Confrarías de Santiago presenta o cartel da Semana Santa 2023

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2023 – A Semana Santa de Compostela xa ten cartel para a edición 2023, realizado en esta ocasión pola Confraría da Esperanza, creada no 2005 e con sede na Igrexa de Ánimas.

Tanto na Semana Santa 2022 como na do 2021, o deseño foi realizado pola propia Xunta de Confrarías, por tratarse dun dobre Ano Santo, un feito inédito. En eses cartéis estiveron representadas as doce confrarías da cidade. A Semana Santa 2023 celebrarase do 31 de marzo ao 9 de abril.

O cartel mostra a imaxe da Confraría, a Virxe da Esperanza, unha talla obra de Bernardino Mosquera que data do 1877. Restaurada en 2015 por Manuel Rodríguez Rocha grazas ao párroco de San Fructuoso. A Esperanza viste un traxe doado ao que se lle engadiron os bordados do traxe orixinal. Ademais, durante o seu tránsito pola cidade, leva consigo dous rosarios, un broche de ouro, un pano de encaixe de Camariñas e uns pendentes de ouro; abelorios que son prestados cada ano por un confrade. 

Na imaxe do cartel, tamén se quixo facer unha referencia ás portadoras. Todas elas mulleres que comezaron de nenas na confraría e que, co paso dos anos, convertéronse nos pés e ollos da súa venerada imaxe.

O recentemente elixido presidente da Xunta de Confrarías, Luís Seoane, afirmaba na presentación a súa satisfacción porque fose esta Confraría a encargada de realizar o deseño xa que, “é unha das confrarías máis novas da nosa cidade e isto deixa de manifesto que a Semana Santa compostelá está en pleno auxe e conta cun importante respaldo que esperamos que continúe en alza”.

Luís Seoane aproveitou tamén a ocasión para anunciar que a Semana Santa de Santiago xa cumpre todos os requisitos para presentar a súa candidatura a Festa de Interese Turístico Nacional. Por iso adiantou que “durante os próximos meses ordenaremos e prepararemos toda a documentación necesaria de face a dar os pasos administrativos necesarios para solicitar o Interese Turístico Nacional”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies