Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

“As tapas son a estrela” anticipa o vindeiro Santiago (é) Tapas

Santiago (é) Tapas presenta una campaña de promoción de certamen que leva por lema “As tapas son a estrela”.
Santiago-e-tapas-20171031_110911-slide_r

Compostela, 21 de decembro do 2023 – Santiago (é) Tapas presenta una campaña de promoción de certamen que leva por lema “As tapas son a estrela”.

O concurso de tapas de Compostela cambia de datas nesta edición logo de potenciar a desestacionalización no mes de novembro. Celebrarase do 15 de febreiro ao 3 de marzo e terá como novidade un premio á tapa máis doce.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, foron as encargadas de presentar esta campaña.

O cambio de datas do XV Santiago(é) Tapas decidiuse conxuntamente entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. A razón foi que nas dúas últimas edicións, unha vez pasado o Corona virus e coa reactivación plena do sector turístico na cidade, o concurso sufriu un estancamento no número de establecementos participantes.

A razón de esta falta de interese sitúase na desestacionalización turística que aumenta a ocupación dos locais o que lles impide centrase no concurso. Desde a organización explícase que esta é unha boa nova porque ese era un dos obxectivos do evento.

Segundo destacou Míriam Louzao: “a recepción que estamos tendo deste cambio de datas por parte dos establecementos está sendo moi positiva. En xeral, o cambio trae consigo dúas vantaxes: por unha banda, permitiu que os estabelecementos puidesen traballar no mes de novembro concentrando os seus esforzos na actividade deste mes; por outra banda, os establecementos ven que as novas datas escollidas son unha oportunidade para aumentar a súa actividade nun periodo de pouca demanda”.

Pola súa banda, Flavia Ramil, apuntou que neste período de Nadal desenvolverase unha importante campaña de comunicación baixo o lema “As Tapas son a Estrela”, co dobre obxectivo tanto de incentivar a inscrición por parte dos estabelecementos da cidade como de informar ao público interesado do cambio de datas do concurso. Neste sentido, lembrou que a data de peche das inscricións remata o 10 de xaneiro.

Finalmente, Sara Santos, indicou que “a mecánica do concurso será a mesma que a doutros anos, establecéndose varios roteiros e con premios ás mellores tapas, habendo esta edición e como novidade unha etapa e un premio especial á máis doce, co que queremos incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan almorzos e merendas”.

Santos adiantou tamén que haberá numerosos agasallos para os que completen as etapas, como entradas a espectáculos e festivais de música, noites de hotel, ceas experienciais, etc, e agradeceu “a boa disposición do Concello, Turismo de Santiago e Deputación da Coruña; así como dos patrocinadores: Estrella Galicia, Cash Record e Café Dromedario, e do resto de empresas colaboradoras que o fan posible”.

Post navigation

Previous: A imaxe gráfica do cartel da 49.ª Festa do queixo será da romanesa Andreea Birsanu
Next: Propoñen unha nova rúa na zona de basquiños en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.