займ срочно

Usar ben os sumidoiros

0

Compostela, 19 de decembro do 2022 – Lanzan en Compostela a campaña “Nos sumidoiros só auga de chuvia!”, co obxectivo de impulsar o bo uso, por parte da cidadanía, dos sumidoiros.

As malas prácticas que se queren corrixir teñen un alto custo económico ademais de xerar problemas ambientais derivados de empregar os sumidoiros como papeleira, xa que eses residuos poden acabar chegando aos nosos ríos e mares e entrar na cadea alimenticia da que todos formamos parte.

Na iniciativa colaboran xunto con Viaqua, concesionaria do servizo de auga; as asociacións  Hostalería Compostela, Compostela Monumental,  Proxecto EM-REDE e o concello de Santiago.

A concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Mila Castro, destacou a importancia de levar a cabo este tipo de campañas, “Nos sumidoiros só auga de chuvia! Esta é a mensaxe que pretendemos transmitir á toda veciñanza para concienciar sobre as problemáticas que causan verter diferentes tipos de residuos na rede de sumidoiros da nosa cidade”.

Algúns comportamentos como tirar cabichas, latas, plásticos ou verter a auga logo de fregar, poden provocar atascos, malos olores e contaminación nos mares e ríos, xa que non sempre están conectados á rede de saneamento e poden acabar nos nosos ríos e mares. En casos máis extremos, chéganse a tirar pinturas e aceites que contaminan milleiros de litros de auga.

Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, expuxo como un mal uso dos sumidoiros supón un gran problema para a cidade. “En Santiago contamos cuns 14.000 sumidoiros, onde cada anos se producen máis de 200 atascos. Temos que sensibilizar á poboación de que os sumidoiros non son unha papeleira, o que tiramos por eles chega directamente ao cauce dos nosos ríos. É moi importante que a rede de sumidoiros recolla soamente auga de chuvia”.

Trátase dunha campaña participativa que pretende animar a toda a cidadanía e empresas a participar, poñendo á súa disposición diferentes materiais como carteis para colocar en tendas ou locais de hostalaría, cartelería con xestos que podemos adoptar e deseños para compartir a través de redes sociais.

Cinco xestos que se deben evitar

Para evitar estas accións, Viaqua propón 5 xestos a evitar para coidar os sumidoiros:

1. Tirar cabichas. Unha cabicha contamina 50 litros de auga.

2. Arroxar a auga con lixivia ou deterxentes logo de fregar. Mata a fauna dos ríos.

3. Verter produtos como aceite ou pintura. 1 litro de aceite contamina 1.000 litros de auga.

4. Tirar papeis ou plásticos. Acaban convivindo coa fauna dos nosos ríos e mares.

5. Varrer as follas, papeis e residuos en xeral cara os sumidoiros. Provocan grandes atascos.

Os materiais da campaña como carteis e folletos serán repartidos polos locais de hostalaría e comercios de Santiago e tamén estarán dispoñibles para descargar a través da web de Viaqua.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies