Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“Por ti, por min, por todas. Nin unha máis”, lema do 25N en Compostela

Santiago reactiva a campaña Comnpostela en Negro de cara ao 25N co lema "Por ti, por min, por todas. Nin unha máis".
cartelA4-en negro-2022

Compostela, 23 de novembro do 2022 – Santiago reactiva a campaña Comnpostela en Negro de cara ao 25N co lema “Por ti, por min, por todas. Nin unha máis”.

As accións da campaña Compostela en Negro de cara ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Teñen como obxectivo lembrar a todas as mulleres asasinadas por violencia machista este 2022.

A presentación da campaña correu a cargo da  concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón. No acto estivo presente a deseñadora da campaña Uqui Permui, quen explicou que este ano ” queremos amosar a luz fronte ao negro e facer brilar o triángulo, símbolo das mulleres, tanto como sinal de futuro e de forza como de homenaxe ás vítimas do feminicidio”.

Pola súa parte, a concelleira Mercedes Rosón recordou que “no que vai de ano, segundo datos oficiais, foron asasinadas en España, 38 mulleres e 26 nenos e nenas quedaron orfos, mais somos conscientes de que ese número é maior e que son máis as que morren por violencia machista cada ano. Non podemos dar tregua e permitir que siga existindo, nunha sociedade contemporánea, este grao de violencia contra as mulleres polo simple feito de ser mulleres”.

Un memorial ás vítimas a través de realidade aumentada

Nos últimos dez anos, máis de 1.000 mulleres foron asasinadas por violencia machista en España, 38 no que vai de 2022 como indicou Mercedes Rosón. María Jesús, Sara, Mónica, Claudria, Mercedes, Isabel, María Ángeles, Victoria, Natalia… son algúns dos seus nomes.

Compostela en Negro propón neste 25N un memorial que emprega a realidade aumentada e se pode activar mediante o código QR impreso nos carteis e nos adhesivos que estarán visibles nos comercios, bares e establecementos da cidade co fin de lembralas a todas elas e reivindicar que a cada agresión agrome unha maior sensibilidade social, porque o que non se nomea, non existe.

“Propoñemos implicar á cidadanía, que collamos o noso teléfono móbil e activemos a realidade aumentada onde os nomes das mulleres voan ata o triángulo para del xurdir o lema deste ano: “Por ti, por min, por todas… Nin unha máis”, explicou Uqui Permui.

Reparto dos materiais

Ao igual que nos anos anteriores, a Concellería de Igualdade está a repartir entre o comercio compostelán carteis e outros materiais de visibilización da campaña para cubrir os seus escaparates de negro.

Alén dos establecementos, Compostela en Negro tamén pon a disposición de toda a cidadanía un pack da campaña formado por cartel, vinilos e camisola que calquera que o desexe pode recoller na Casa Xohana Torres ata o propio venres 25 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h (ata rematar existencias).

“Queremos transmitir a toda a veciñanza e aos establecementos un enorme agradecemento pola participación todos estes anos na acción Compostela en Negro, e animamos a continuar coa mesma implicación neste 25N”, finalizou Mercedes Rosón.

Post navigation

Previous: 40 anos de Roberto Verino no Museo do Pobo Galego
Next: A crise no goberno de Compostela xestábase desde xullo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.