Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A campaña do 25N en Santiago pon o foco na violencia dixital

WhatsApp Image 2025-11-07 at 13.09.30

A xente moza e a violencia dixital serán o obxectivo prioritario de Compostela na campaña do 25N, Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.


Un día especial que ten que ser tódolos días, o 25N é a visibilización anual dun problema que sucede diariamente, moitas veces sen que o vexamos ata que sae nas novas dos medios.

Os concellos conmemoran cada ano este 25N. Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. De distintas formas. Compostela en este 2025 enfócase na mocidade e a violencia dixital.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presentou esta campaña co lema “Non é un trend, é violencia dixital”.  O obxectivo mostrar  condutas que se adoitan trivializar e normalizar no ámbito das redes sociais e combater o negacionismo da violencia machista, especialmente entre a mocidade.

Na presentación, Goretti Sanmartín estivo acompañada pola directora de área de Políticas Sociocomunitarias, Clara Ortega, e pola xefa de Servizo da Área de Acción Social, Teresa Furelos.

 “O que queremos é combater a trivialización e a frivolización no ámbito das redes”, explicou Sanmartín, e referiuse a “como determinados comentarios e condutas que veñen perpetuar o desprezo e o control ás mulleres parecen que se consenten e que non teñen maior importancia, moitas veces disfrazados de humor”.

Nese sentido, a alcaldesa, quen ostenta directamente as competencias municipais de igualdade, destacou que a campaña, que non se trata dun machismo novo, senón de que o machismo se adapta. “Vai collendo outras linguaxes e tecnoloxías e isto fai que se poida reproducir nas xeracións máis novas”, reflexionou e amosou a súa preocupación pola auxe de “grupos que negan a violencia de xénero”.

A este respecto, a rexedora alertou de que “as redes sociais acaban reproducindo  e mesmo amplificando as desigualdades de xénero” con “patróns de humillación, insulto e control” dos que cómpre estar alerta que lembrou que o 68% das mulleres galegas sufriron algún tipo de violencia dixital.

A campaña do 25N do Concello de Santiago aposta por unha mensaxe clara e directa para sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía sobre a necesidade de erradicar as violencias machistas, centrando nesta edición a súa mensaxe na violencia dixital.

Busca facer visible aquilo que a miúdo se banaliza ou normaliza no ámbito das redes: comentarios, imaxes ou condutas que perpetúan o control, a humillación e o desprezo cara ás mulleres. O obxectivo é claro: poñer nome ao que moitas veces se disfraza de humor, reto viral ou piropo, e lembrar que detrás dunha pantalla tamén pode haber violencia.

Falamos así de espazos machistas novos, lugares virtuais e dinámicas de interacción onde se reproducen e amplifican as desigualdades de xénero a través da tecnoloxía. Son espazos que non existían hai unha década e que hoxe forman parte da vida cotiá da mocidade: redes sociais, aplicacións de mensaxería, videoxogos en liña ou foros anónimos.

Novas formas de violencia e control

No ámbito dixital xorden novas formas de violencia e control, como a difusión de imaxes íntimas sen consentimento (sexpreading), o acoso reiterado (stalkeo), a humillación pública (sexhumillación), ou o uso de expresións aparentemente inofensivas pero cargadas de misoxinia, como “4 letras” ou “muller do km 0”, amplamente usadas entre a mocidade pero descoñecidas por boa parte da poboación adulta.

Por iso falamos de novos espazos machistas: non porque o machismo sexa novo, senón porque se adapta aos códigos, linguaxes e tecnoloxías das xeracións máis novas.

A alcaldesa lembrou que os datos son elocuentes, e que segundo o informe Generación expuesta: jóvenes frente a la violencia sexual digital, o 60,6% da mocidade recoñece ter sufrido algún tipo de violencia sexual dixital, sendo as mulleres as principais vítimas. Entre elas, o 28,7% recibiu contido sexual non solicitado e o 23,6% padeceu tres ou máis formas distintas de violencia dixital, fronte ao 14,2% dos homes.

As agresións prodúcense maioritariamente en redes sociais (39,7%) e en aplicacións de mensaxería (34,9%), e en moitos casos o agresor é unha persoa coñecida.

A campaña pon o foco na mocidade porque é o grupo máis exposto a este tipo de violencia, pero está dirixida a toda a cidadanía. Segundo o estudo ‘Autopercepción de la imagen de las mujeres en los nuevos entornos digitales’ (Instituto de las Mujeres, Ministerio de Igualdad, 2025), o 97% das mulleres de entre 18 e 30 anos en España utilizan redes sociais; e o informe “Des-protegidos online: jóvenes ante la violencia y la desinformación en internet” (Plan International, 2024) sinala que o 68% das adolescentes e mozas galegas sufriron algún tipo de violencia dixital.

No ámbito local, os datos do Centro de Información ás Mulleres (CIM) amosan a necesidade de reforzar o traballo con poboación moza: neste ano 2025, o servizo atendeu 186 usuarias (ata o 30 de setembro), das cales 101 son novas e 85 están en seguimento. A franxa maioritaria sitúase entre os 26 e os 45 anos, mentres que só o 0,45 % corresponde a mozas de 17-18 anos e o 10,91 % a mulleres de 19-25 anos.

Na última Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, celebrada o 21 de outubro, acordouse intensificar a difusión dos recursos municipais entre menores de 25 anos, pois os datos evidencian que ese segmento segue sendo un dos menos alcanzado polas accións de prevención e atención.

Para reverter esta tendencia, a alcaldesa avanzou que nos próximos meses se realizará un traballo intenso para dar a coñecer á poboación moza os recursos dos que dispoñen no CIM.

Acción centradas nas redes sociais

A alcaldesa compostelá sinalou que esta campaña se desenvolverá principalmente nas redes sociais, mais tamén terá apoio de material físico, como carteis e publicidade na rúa e nos autobuses urbanos.

As persoas ou entidades que desexen obter material da campaña para contribuíar á súa difusión, poden facelo dende o 10 ata o 24 de novembro (ou ata esgotar unidades). Para isto, poden acudir ao CIM en horario de 8:30 a 14:30 horas; ou ben, á Casa Xohana Torres nas seguintes datas e horarios: do luns 10 ao venres 14, de 9.45 a 13.00 horas; luns 17, mércores 19, venres 21 e luns 24 de 9.45 a 13.00 horas; e o martes 18 de 16.00 a 19:30 horas.

Campaña para todas as idades

Os datos evidencian a necesidade de actuar con especial intensidade sobre o público mozo, pero tamén de explicar ás xeracións maiores que a linguaxe dixital pode ser un espazo onde se reproducen formas de machismo que ás veces pasan desapercibidas.

A campaña apela a todas as idades: busca que a mocidade identifique e denuncie condutas machistas en liña, e que a cidadanía adulta comprenda estas novas formas de violencia e o impacto real que teñen nas vítimas. A súa difusión realizarase en distintas canles e con contidos adaptados a cada medio para chegar a públicos diversos e fomentar unha reflexión conxunta sobre a violencia de xénero no ámbito dixital.

Post navigation

Previous: A concelleira de educación de Ames, Carmen Porto, abandona a corporación
Next: Pixel á Feira, éxito do I Salón de Videoxogos de Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.