Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“O teu machismo da noxo” campaña de Compostela cara ao 25N

Santiago presentou a súa campaña para o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que leva por lema “O teu machismo da noxo”.
Santiago-25N-slide-8-novembro-2023_102505_r

Compostela, 8 de novembro do 2023- Santiago presentou a súa campaña para o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que leva por lema “O teu machismo da noxo”.

A campaña de este ano busca impactar e facer reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia machistas; en especial nas redes sociais e no mundo do deporte. A iniciativa contra o machismo foi presentada pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Teresa Furelos, xefa de Servizo da Área de Acción Social, e de Pilar Abades e Sabela Iglesias, creativas na produtora Illa Bufarda, responsables da campaña.

A alcaldesa explicou que con esta campaña o Concello de Santiago quere transmitir a idea de que “a sociedade compostelá di non a todo tipo de violencia”, xa que se trata dunha sociedade que “está moi sensibilizada ao respecto das violencias de xénero e que non quere dar ningún paso atrás”.

A rexedora recalcou que se trata dunha iniciativa “valente” coa se pretende “non deixar indiferente a ninguén, se non xustamente provocar sensacións de desacougo, de inquedanza, de noxo e de rabia fronte a calquera tipo de violencia machista”.

A campaña desenvolverase desde dúas perspectivas, que se centrarán “por un lado, na violencia que as mulleres novas sofren nas RRSS ao respecto do seu corpo, as súas vidas e as súas decisións” e, por outro, “no mundo de deporte”, como un dos espazos nos que o Concello pode promover “non só a condena de todo tipo de machismo, senón tamén “unha reflexión sobre a idea de vivirmos en igualdade”, engadiu Goretti Sanmartín.

Para concienciar á cidadanía sobre os diferentes tipos de violencia machista, durante todo o mes de novembro difundiranse unha serie de mensaxes a través de carteis, vasos, manteis, bolsas… que serán empregados por todos os establecementos comerciais ou hostaleiros que se sumen á iniciativa, así como a través de imaxes nos autobuses urbanos e as marquesiñas, lonas despregadas en diferentes edificios emblemáticos e espazos deportivos ou proxeccións nalgunhas prazas da cidade.

Todo isto coa intención de “interrogar a todas as persoas que pasan pola rúa para que non cedamos e para dicir que seguimos avanzando en igualdade, sen dar nin un paso atrás”, subliñou a alcaldesa.

A campaña tamén se desenvolverá nas redes sociais do CIM (Facebook, Instagram e Tiktok) través de pílulas informativas que contaron coa participación de mulleres deportistas da cidade de diversas disciplinas, e se fará uso do cancelo #senprórroga. O 24 de novembro tamén terá lugar a lectura pública do manifesto.

Post navigation

Previous: Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas convocan o VI Premio Laudamuco para Textos Teatrais
Next: Presentadas as actividades do programa pola lingua “É túa. Pásaa!”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.