Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Compostela organiza un programade conciliación para maiores de 12 anos

xunta-adxudica-monte-do-gozo-slide-2-xaneiro-2019_r

Compostela, 5 de decembro do 2024 – Os rapaces de 12 a 16 anos son moitas veces os esquecidos, non son cativos pero tampouco maiores. A concellería de xuventude  de Compostela organiza por primeira vez este Nadal un campamento para eles coa intención de consolidalo nos vindeiros anos.

O campamento terá lugar no Monte do Gozo

O obxectivo de Xuventude é “facilitar a conciliación das familias con fillos e fillas de máis de 12 anos”. A concelleira María Rozas explicou que “esta é unha franxa de idade para a que non adoita haber oferta nas vacacións, e é unha demanda, tamén, da propia rapazada”.

A actividade, que leva por nome “Este Nadal concilia no bosque dos artistas perdidos” vaise desenvolver no Monte do Gozo. A actividade ofrecerá “alternativas de ocio para os rapaces e rapazas, pero tamén facilitarlle a conciliación ás familias con fillos e fillas de máis de 12 anos que non queiran deixalos sós nas súas casas durante todo o período vacacional”

Rozas engade que “aínda que comezamos con esta experiencia no Nadal, o obxectivo é consolidar unha oferta de conciliación para a mocidade”. O programa deseñado “válese das diferentes expresións artísticas para propoñer actividades lúdicas nas que tamén se traballan cuestións como as relacións sociais ou a autoestima”.

Haberá actividades musicais da man da Casa do Rock, un taller de ficción sonora, outro de cianotipia, talleres de moda, e actividades lúdicas dirixidas por monitores e monitoras de tempo libre. Tamén está prevista unha acampada opcional, con pernocta, os días 27 e 28 de decembro.

O programa vaise desenvolver no Monte do Gozo nos días 23, 24, 26, 27, 28, 30 e 31 de decembro; e 2, 3, e 5 de xaneiro; en horario de 9.00 a 14.30 horas. Tamén haberá a posibilidade de adiantar a chegada e atrasar a saída se é preciso para facilitar a conciliación das familias, e darase a opción de almorzar e comer nas propias instalacións do Monte do Gozo.

As inscricións poderán facerse do 9 ao 18 de decembro no correo electrónico dptoxuventude@santiagodecompostela.gal; ou ben no teléfono 981 542 457. As 30 prazas dispoñibles (ampliables no caso de haber moita demanda) cubriranse por orde de inscrición. Os irmáns terán que facer unha única solicitude.

Post navigation

Previous: A tempada de artes escénicas abrirase en xaneiro en Compostela
Next: Piden máis axentes para a Garda Civil de Oroso e melloras no cuartel

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.