Compostela, 6 de xuño do 2022 – A Semana do Libro de Compostela, a SELIC, chega a súa sexta edición cun programa co que se consolida como un festival de lectura interesante e, as veces, mesmo sorprendente.

Desde o venres dez de xuño as librarías da cidade terán o seu espazo no Toural pero os visitantes terán moito máis. En este 2022 a SELIC explora a relación entre a música e os escritores, os libros e o mesmo feito de ler.
Os nomes de James Rhodes ou Santiago Auserón destacan no programa pero hai un bo feixe de obradoiros, mesas redondas, concertos e lecturas musicadas que ata o 19 de xuño converten, en certo modo, a Compostela nun congreso arredor do libro e a música.

Camilo Franco é escritor, xornalista, crítico de teatro, e agora Director da SELIC. Falar con el da Semana é falar de todo o que hai arredor do libro, do feito de escribir e do de ler. Citámonos diante dun café e comezamos preguntando por unha edición que supón, visto desde fora, un antes e un despois na Semana do Libro de Compostela
Do mesmo xeito que a música en xeral, e a que se fai en Galicia en particular, abriuse por completo ás mesturas de estilos, a literatura está vivindo un fenómeno equivalente no que os autores exploran cada vez máis terreos e o lector atopa cada ano máis variedade. Franco explíca a influencia que a pandemia e o libro dixital tivo en esta evolución

Un de eses estilos, que terán o seu espazo na SELIC. É a auto ficción. Un xeito de escribir un texto partindo de elementos reais pero engadindo outros imaxinados. Unha literatura de sentimentos e sensacións que ten tamén moito que ver coa evolución do mundo na última parte do século vinte

Falabamos ao comezo das dúas figuras máis coñecidas das que visitaran a SELIC. Auserón e Rhodes chegan ao feito de escribir de xeitos moi distintos; si o primeiro é un profesor que busca plasmar o seu traballo, o segundo atopa unha vía de escape de todo o vivido.
Deixamos para o final as recomendacións de Camilo Franco aínda que, como é lóxico, cústalle decidir porque todas as actividades entran no tópico dos fillos e non sabe a cal quere máis. O certo é que, tal como explica o director da SELIC, este ano as cousas puxéronse de cara e púidose ter case todo o que se quixo

Camilo Franco explica a SELIC contándoche unha historia e iso fai da conversa unha experiencia única e interesante, é máis que unha agradable conversa. Non sabe falar doutro xeito porque cando, fora de micro, nos interesamos por outras cousas que nada teñen que ver coa SELIC o resultado é o mesmo. Desde ese punto de vista é o director ideal para un festival do libro porque probablemente entenda aos autores e aos lectores mellor que ninguén.
A SELIC é un luxo para unha cidade como Compostela, un festival á altura de grandes urbes e que poderemos desfrutar coa proximidade que dan espazos como o Toural ou o Teatro Principal. Unha Semana do Libro de Compostela chea de páxinas por escribir.
