займ срочно

Novas luces para Compostela

0

Compostela, 24 de maio do 2023 – Santiago de Compostela comezou a colocación de novas luminarias tras a adxudicación hai un mes do contrato de mantemento.

Compostela renovará en este proceso 30.000 luminarias que pasarán a ser tipo led. Este cambio suporá un aforro enerxético dun 70% na factura da luz. Os traballos comezarón este martes na rúa do Hórreo.

Os cambios van máis alá que a renovación de luminarias. O contrato recolle a mellora da iluminación en varios puntos do rural. O sistema estará dotado de conexión 5G que permitirá coñecer en tempo real o estado de cada un dos farois e actuar de xeito inmediato no caso de incidencias.

Compostela terá ademais 2.000 novos puntos de luz que serán acordados coas asociacións veciñais. Ademais o contrato será executado na súa maior parte con provedores locais e implica a contratación de 20 operarios, con preferencia aos que residan aquí.

Share.

Comments are closed.