Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Onde están as luminarias?

compostela-renovacion-de-luminarias-slide-3-outubro-2024_r

Compostela, 30 de outubro do 2024 – O Partido Popular de Santiago denuncia que as luminarias do Campus Sur foron cambiadas sen a autorización da Comisión do casco histórico.

Dita Comisión ten unha subcomisión técnica que se encarga de avaliar a protección do patrimonio e no caso das luminarias do Campus Sur denegou o permiso segundo denunciou onte o concelleiro popular José Constenla nunha rolda de prensa.

O máis curioso do caso é que as luminarias anteriores estaban, en teoría, protexidas como elementos patrimoniais, Formaban parte do espazo que se coñecía como “A residencia” en donde están os edificios dos colexios maiores, o estanque e tamén as luminarias.

O popular preguntouse cal foi o motivo polo que os nacionalistas ignoraron un ditame unánime e desfavorable sobre a substitución deses 130 puntos de luz sobre columnas; e cal foi a causa que lles levou a urxir dito cambio, “nós preguntámonos, remarcou, que mudou nunha normativa que leva en vigor dende o 2015, data dende a que o Concello asume o mantemento de ditas luminarias”.

Están protexidas as luminarias substituídas?

Constenla explicou que lles sorprende que “o concelleiro de Obras afirme que non lle consta, con certeza, a catalogación das luminarias retiradas, polo que lle pedimos que o aclaren, posto que en máis de ano e medio tiveron tempo máis que suficiente para indagalo”.

O certo é que as luminarias substituídas non son tampouco as orixinais. Arredor do ano 2000 a Universidade cambiou as iniciais, en pedra, por unha replica en formigón que son as que agora cambiáronse. O concelleiro popular recoñece que a USC tampouco sabe dicir onde están as orixinaís.  

O edil popular dixo que “A realidade é que a Comisión informou desfavorablemente, por unanimidade e tras un informe técnico municipal que establece que non se poden substituír estes elementos luminosos; e o BNG fixo o que lle deu a gana e levou a cabo unha actuación que afectará notablemente á imaxe histórica deste ámbito protexido que rodea á cidade histórica, polo que debería ser obxecto dun proxecto de intervención para alumeado público que resolvera as graves deficiencias existentes na instalación actual, pero respectando os valores culturais da contorna”, remarcou.

O Psoe tamén ve un problema

Despois da rolda de prensa os socialistas sacaban unha nota de prensa no mesmo sentido. A concelleira Mercedes Rosón afondaba nas recomendacións dos expertos “tanto o persoal técnico da comisión como do propio arquitecto municipal, pasaría porque se realizara un proxecto de alumeado público específico para todo o Campus Vida que permitise resolver as deficiencias existentes en materia de seguridade pero ofrecendo unha solución coherente coa imaxe da contorna”.

A iniciativa socialista contempla que se puideran empregar dous modelos de luminarias, en función das zonas do Campus nas que se localizaran, diferenciando a correspondente co trazado da antiga Residencia Universitaria de Jenaro de la Fuente, onde tamén se atopan a maioría dos edificios catalogados do ámbito e na que, polo tanto, existe un maior valor patrimonial; do resto do Campus, caracterizado pola presenza de edificios contemporáneos.

Post navigation

Previous: Poliédrica Black na Sala Potemkin
Next: O goberno de Ames leva a pleno o uso dun millón de euros do remanente para gasto xeral

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.