Compostela, 16 de febreiro do 2023 – O pleno da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago elñixiu como nova presidenta a María Pais Fajín.


Unha sesión presidida polo director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a presenza da secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso. Ademais de María Pais, a nova dirección contará con Jorge Lorenzo Souto e José Carballo García como vicepresidentes; Juan Carlos Carneiro Caneda como tesoureiro e Francisco Negreira del Río, Rosa Blanca Rodríguez e Luís Antonio Penido López como vogais.
María Pais manifestou que o equipo de goberno da Cámara de Comercio de Santiago continúa coas mesmas “ganas, ilusión e empeño” para dar continuidade ao proxecto revitalizador iniciado na anterior lexislatura, baixo o mandato de D. José Sierra, ao obxecto de seguir prestando servizos ás empresas do trinta e dous concellos que conforman a demarcación cameral.
A nova Presidenta, tamén quixo resaltar o labor desempeñado polo Sr. Sierra e agradeceu o bo traballo dos vogais saíntes, destacando que durante a anterior lexislatura a Cámara puxo en marcha a Oficina Acelera Peme e o Coworking Dixital “CCompostela” co obxectivo de acompañar aos autónomos e Pemes no camiño cara á súa transformación dixital, á vez que colaborou con outras entidades para a creación da incubadora de alta tecnoloxía “Bioincubatech” e o desenvolvemento do Biopolo Sionlla Biotech.
De igual forma, sinalou que a Cámara de Comercio tivo unha intervención “decisiva” á hora de conseguir para a cidade, entre outras infraestruturas empresariais e cidadás, a Oficina de Tráfico, o servizo de extinción de incendios no aeroporto de Lavacolla ou o Rexistro Mercantil, único rexistro de España que non reside nunha capital de provincia.