Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

 “Iribarne”, ButacaZero leva a escena a Fraga

A compañía ButacaZero traballa na estrea de “Iribarme”, unha peza sobre a figura de Manuel  Fraga que se estreará en outubro en Madrid.
butaca-zero-estrea-iribarne-slide-22-xunho-2023(1)_r

Compostela, 22 de xuño do 2023 – A compañía ButacaZero traballa na estrea de “Iribarme”, unha peza sobre a figura de Manuel  Fraga que se estreará en outubro en Madrid.

“Iribarne” é unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida por Xavier Castiñeira. O traballo coproducido polo Centro Dramático Nacional é definido por ButacaZero como unha investigación escénica. Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge Arcos  e a propia Carrodeguas conforman o elenco dunha peza cuxo espazo sonoro  e “temazos” musicais serán de Berto e na que Sabela Domínguez asina a coreografía

A peza estrearase no CDN o Día da Hispanidade e en xaneiro do 2024 comezará a xira por Galicia.  A peza percorre a vida de Manuel Fraga Iribarne coa intención de entender non só a súa figura, senón descubrir as implicacións que tivo -e segue a ter no noso presente.

smart

“Iribarne”, explican Carrodeguas e Castiñeira, “Non é exactamente un biopic, pois non collía nunha soa obra”, pero si que remata por ser un “paseo pola transición camiñando a carón dun personaxe secundario pero absolutamente imprescindible da mesma. É un intento irreverente por comprender como chegamos ata aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón”, apuntan os creadores.  

A investigación comezou en xaneiro de 2022, ano no que se celebrou o centenario do nacemento e os dez anos do pasamento de Fraga Iribarne, a través do contacto con persoas que o trataran , ademais da gravación de entrevistas a diferentes figuras do eido político e social.

 “Abordar un personaxe tan popular coma Manuel Fraga, que tiña deixado a súa pegada en case todos os eventos e celebracións de Galicia, tiña que facerse coa colaboración de quen albergaba memoria directa sobre el”, expoñen os directores da plataforma creativa galega. Así, desde ButacaZero, iniciaron un proceso de recollida de información, que derivou nunha residencia creativa no Pazo de Mariñán (onde Fraga empezou a deseñar a súa retirada política), ademais do seu paso polo itinerario Cruzamentos do proxecto Camiño Escena Norte e por outra residencia creativa na Sala Beckett de Barcelona.

 Hoxe ademais estreouse a canción  ‘WHO THE F*CK IS IRIBARNE?’ o primeiro dos “temazos” creados polo produtor musical Berto (Verto, Fillas de Cassandra, Mondra, Nia twee, Ash Diz e cantante e guitarrista no seu propio grupo, nomeado Berto) que conformarán a banda sonora de “Iribarne”.

Post navigation

Previous: San Finx e Varilongo baixo a mirada da ONU
Next: Fragmentos de onte, materializar o legado de Ruth Matilda Anderson

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.