займ срочно

Xa están dispoñibles os Bonos Corazón en Compostela

0

Compostela, 17 de novembro do 2023 – A nova edición dos Bonos Corazón Compostela foron presentados no concello de Santiago e estarán dispoñibles desde hoxe venres 17.

Visitando a web dos Bonos Corazón poderán descargarse e coñecer ademais os establecementos adheridos á campaña. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas foi a encargada de presentar detalles da nova convocatoria.

O concello de Santiago destina un orzamento de 433.000 euros. A principal novidade é que nesta ocasión só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá adquirir un máximo de tres. Como en edicións anteriores, o Concello achegará o 40% do importe do bono.

Está previsto que o Boletín Oficial da Provincia publique hoxe as bases da convocatoria e, unha vez cumprido ese trámite, os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga.

A responsable de Comercio lembrou que “os detalles da convocatoria foron postos en común antes da súa aprobación tanto coas asociacións de comerciantes como coas de hostalería, ás que agradecemos a súa implicación e actitude construtiva”.

Tres bonos de 50 euros por persoa

María Rozas explicou que a principal novidade da convocatoria é que haberá un único tipo de bono por un importe de 50 euros, dos que o Concello achegará 20 euros e a persoa beneficiaria os 30 euros restantes.

Cada consumidor ou consumidora poderá descargar un máximo de tres bonos. A concelleira sinalou que “o obxectivo foi simplificar o proceso e favorecer que os Bonos Corazón cheguen ao maior número de persoas posible”. A previsión é que se mobilice un millón de euros en compras no pequeno comercio e na hostalería. Se cada persoa usuaria solicita o máximo de tres bonos, a convocatoria chegaría a uns 7.200 consumidores e consumidoras.

Compras ata o 22 de decembro

Os Bonos Corazón poderán utilizarse ata o 22 de decembro, e o seu funcionamento será idéntico ao de anteriores edicións. As solicitudes realizaranse a través da web e os bonos terán formato dixital a través dun código QR. Estarán dispoñibles para a súa utilización na APP Wallet.

A responsable técnica do departamento de Comercio, Lucía Castro, explicou que os bonos tamén se poden solicitar presencialmente previa cita a través do enderezo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 542 492. Desta maneira, apuntou, “trátase de evitar a fenda tecnolóxica, pensando sobre todo na poboación de maior idade”.

No momento da compra, as persoas usuarias mostrarán ese código QR para realizar o pago, e o importe do bono irase reducindo ata o seu esgotamento. Os bonos poderánse utilizar nunha ou varias compras ata o 22 de decembro, e a partir desa data os bonos non trocados caducarán.

Os establecementos interesados en sumarse ao programa dos Bonos Corazón poden facelo ata o 4 de decembro. A convocatoria está dirixida a negocios de comercio e hostalería, e no caso dos establecementos comerciais establécese a condición de que a súa superficie de venda será inferior aos 500 metros cadrados. O obxectivo, tal e como explicou a concelleira María Rozas, é que a convocatoria beneficie fundamentalmente ao pequeno comercio local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies