Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Primeiros pasos para un novo goberno en Compostela

O BNG comeza as negociacións para formar o novo goberno de Santiago confiando en poder incorporar a Psoe e Compostela Aberta.
bng-negociacion-slide-normal-31-maio-2023_r

Compostela, 31 de maio do 2023 – O BNG comeza as negociacións para formar o novo goberno de Santiago confiando en poder incorporar a Psoe e Compostela Aberta.

Goretti Sanmartín e os concelleiros electos do seu grupo daban onte unha rolda de prensa para presentar as liñas xerais do que será o novo goberno municipal da cidade. Ao mesmo tempo realizaron unha valoración dos resultados do pasado domingo.

As intencións de Sanmartín e conseguir un goberno “amplo, estable e sólido”. En todo momento insistiu na importancia de que sexa un goberno diverso, facendo referencia a importancia de incorporar tanto aos socialistas como a Compostela Aberta. Unha proposta que se atopa coa primeira pedra: a crise no grupo socialista que quedará en mans dunha xestora.

Goretti Sanmartín non parece que teña problemas para formar goberno pese a insistencia do Partido Popular en negociar co Psoe. Si ese goberno será en minoría, coa posible incorporación de Compostela Aberta, ou con unha maioría ampla é que está por decidir.

Goretti Sanmartín presentou o novo grupo municipal do BNG que estará conformado por Míriam Louzao, Xesús Domínguez, Pilar Lueiro, Manuel César e Iago Lestegás na próxima Corporación municipal. A futura alcaldesa dixo que “As seis persoas que conformamos o grupo municipal imos deixar a pel por traballar por Santiago, por constituír o mellor dos gobernos e comezar a traballar desde o minuto 1 para abrir un novo tempo, porque iso é xustamente o que dixeron as veciñas e veciños de Santiago”.

Sanmartín afirmou que quere comezar a negociación cos outros dous grupos da esquerda que conseguiron representación na Corporación municipal, para iniciar “un proceso rápido e intenso que debe culminar o 17 de xuño, cando se constitúa a nova Corporación e se escolla a Alcaldía de Santiago de Compostela”.

Anunciou que xa convocou unha primeira reunión cos dous grupos, para o xoves 1 de xuño co PSOE e para o venres 2 de xuño con CA, porque quere facer “un proceso de negociación transparente”.

A encrucillada socialista

A marcha de Sánchez Bugallo da secretaría xeral deixa ao partido nunha encrucillada. A xestora terá que decidir ao novo líder socialista en Santiago pero tamén negociar co BNG a incorporación, ou non, ao novo goberno.

Hai cinco anos o actual concelleiro en funcións Sindo Guinarte estaba disposto a competir nunhas primarias por liderar o partido. Esa proposta rematou cun acordo que levou a Sánchez Bugallo a presentarse ás eleccións do 2019. A incógnita é si nas actuais circunstancias estará disposto a retomar aquela idea.

Ao mesmo tempo os afiliados miran á actual número 1 no concello, despois da marcha de Bugallo, Mercedes Rosón. Ao mesmo tempo algúns medios de comunicación poñen o foco sobre Xaquín Fernández Leiceaga, número 3 na candidatura de Bugallo.

O Psoe chega tarde a unha renovación pola que pasaron antes das eleccións PP, BNG e Compostela Aberta. Os resultado poden ademais condicionar a participación da agrupación socialista de Santiago en institucións como a Deputación ante os bos resultados obtidos en outros concellos que previsiblemente reclamarán o seu lugar.

Post navigation

Previous: A Semana Verde de Galicia volverá a sorprender con alimentos insospeitados
Next: Comeza a novena edición da Maker Faire Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.