Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Gaña apoios o derrubo da Casa da Xuventudede Compostela

O BNG de Compostela aposta tamén polo derrubo da vella Casa da Xuventudee propón substituíla por unha praza cuberta que de paso a Belvís.
compostela-bng-portico-casa-xuventude-normal-14-abril-2023_r

Compostela, 14 de abril do 2023 – O BNG de Compostela aposta tamén polo derrubo da vella Casa da Xuventudee propón substituíla por unha praza cuberta que de paso a Belvís.

O proxecto nacionalista denominado “Pórtico de Belvís” eliminaría o edifico da vella Casa da Xuventude crearía un espazo cuberto de 600 m2 . Os laterais de esta praza cubrirían as traseiras da Rúa de San Pedro e terían espazos para gardar material como mesas ou sillas.

A idea foi presentada pola candidata do BNG, Goretti Sanmartín, acompañada de Iago Lestegás, arquitecto, e Alexandre Garrido, integrantes da candidatura. O BNG explica que se trata dunha proposta menos custosa e que reúne “os intereses dos colectivos, da veciñanza, de accesibilidade, de cumprimento das normas ambientais, de integración paisaxística e coidado arquitectónico”.

Segundo explicou o arquitecto Iago Lestegás, esta proposta formúlase con cinco obxectivos: “mellorar a imaxe urbana da praza do Matadoiro e do parque de Belvís; crear unha conexión accesible para todas as persoas entre o parque e a súa contorna; liberar de obstáculos a zona de servidume do rego do Cancelón; restaurar esta canle recuperándoo para desfrute da cidadanía; e crear un espazo aberto cuberto de carácter permanente que poida albergar encontros e eventos cando chove ou vai moita calor”.

Pola súa parte, Alexandre Garrido, como activista que fixo uso da Casa da Xuventudedurante anos con distintos colectivos, considera que esta proposta do Pórtico de Belvís do BNG “garante o uso para asembleas e actos públicos, combinada coa procura dun local céntrico para o asociacionismo, ademais de permitir abrir Belvís e de mellorar a mobilidade e a accesibilidade”.

Goretti Sanmartín tamén trasladou a posición do BNG sobre a cesión da Casa da Xuventudeá Deputación. O consideran unha incoherencia cando o concello ten alugados locais para os seus usos, tendo estes en propiedade. Avanzou ademais que  “Se o Goberno local non dá marcha atrás, a Deputación tramitará de xeito ordinario este expediente, como se fai en todos os casos, mais o BNG de Compostela paralizará este acordo tras o 28 de maio e desenvolverá a proposta do Pórtico de Belvís”.

Sanmartín lembrou que a Deputación só tramita para o concello a recadación das multas en Executiva e polo tanto centrar na Casa da Xuventude esa xestión “atraería tráfico ao centro de Compostela, xustamente a un lugar en que hai que intervir para reducir a súa densidade”.

O BNG engade ademais que o proxecto socialista “recibiu un informe de Patrimonio do Concello onde se di que a Deputación debería financiar o 100% da obra e que non está xustificada a cesión a 25 anos, un espazo temporal innecesario para amortizar a operación”.

Post navigation

Previous: Acusan á Conselleira de Medio Ambiente de “maltratar” ao goberno de Melide
Next: Comezan os traballos previos na mina de San Finx

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.