Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

V edición do Delas Fest

O Delas Fest volve un ano máis e encherá varios concellos da bisbarra de actividades e catro novos murais converténdose no principal festival de arte urbana con perspectiva de xénero.
DELAS_A3.indd

Bisbarra, 10 de abril do 2023 – O Delas Fest volve un ano máis e encherá varios concellos da bisbarra de actividades e catro novos murais converténdose no principal festival de arte urbana con perspectiva de xénero.

As artistas Eloise Gillow, Amaia Arrazola, Julieta XLF e Doa Oa serán as encargadas en esta edición de realizar os murais. O Delas Fest contará ademais, como todos os anos, con obradoiros para familias, roteiros, coloquios e proxeccións, entre outras actividades.

O Delas Fest foi presentado a pasada semana no Pazo de Raxoi, en Compostela, coa presenza da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; as concelleiras de Cultura e Igualdade de Teo, María López; e de Patrimonio e Turismo de Brión, Yolanda Bouzas; e Clara R. Cordeiro, socia de 7H Cooperativa Cultural.

O festival amplíase en tempo para incidir na presenza das artistas e dar visibilidade o maior tempo posible. Desde marzo, momento da convocatoria de muros, ata setembro cando se realizarán os murais, desenvolveranse as distintas actividades.

De destacar que nos meses de xuño e xullo, o Delas Fest concentrará a súa actividade en Compostela, cunha xuntanza entre as artistas convidadas e a veciñanza, un roteiro feminista de arte urbana e celebración do FAMILIA DELAS FEST!

O proxecto está organizado por 7H Cooperativa Cultural desde o ano 2019. Participan na actualidade os concellos de  Santiago, Ames, Teo e Brión, Conta coa liña de subvencións da Deputación da Coruña e o patrocinio de Montana Colors, Ibersa-El Mundo del Pintor e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas, Daveiga e LoxamHune.

Na rolda de prensa, Mercedes Rosón salientou a importancia deste proxecto xa que “integra a perspectiva de xénero, tan necesaria neste momento, e tamén nos achega disciplinas artísticas en auxe pero aínda moi descoñecidas, máis cando as creadoras son mulleres”.

O cartel desta edición incorpora no seu deseño á ilustradora María Montes (Pontevedra, 1987) quen, co seu característico e minucioso traballo, amosa unha persoal reinterpretación do espírito do festival, continuando a labor iniciada co cartel da edición anterior pola tamén ilustradora Maru Astray.

Este ano, as encargadas de realizar as obras de gran formato son a muralista e ilustradora vasca Amaia Arrazola (Gasteiz, 1984), quen pintará no Concello de Brión; a artista visual e muralista galega Doa Oa (Sober, 1986), quen creará no Concello de Teo, a muralista e artista visual británica Eloise Gillow (Oxford, 1993), quen levará a arte urbana ao Concello de Santiago; e a ilustradora e muralista valenciana Julieta Silla (Valencia, 1982), conocida artísticamente como Julieta XLF, quen creará a súa peza no Concello de Ames.

Para definir as temáticas e enfoques das súas obras, as convidadas contarán desde o mes de abril coa colaboración da comunidade, que volverá ter un rol destacado nos procesos creativos. A través da convocatoria Anfitriónate!, a veciñanza ten a oportunidade de coñecer ás artistas e de trasladarlles información, coñecementos e vivencias que inspiren as súas intervencións, converténdoas en reflexo da identidade e a idiosincrasia do territorio que as acolle.

De forma paralela a todo este traballo, o festival complétase cunha ampla variedade de actividades que arrancan o vindeiro martes 25 de abril ás 16.30h coa proxección, no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, do documental Museo a Ceo Aberto e o posterior coloquio coa súa directora, Marián Fernández, da cooperativa O Cable Inglés.

Nos próximos meses, tamén se celebrarán dous roteiros de descuberta da arte urbana feminista, un no Concello de Brión o sábado 6 de maio e outro no Concello de Santiago durante o mes de xuño. Tamén en Compostela, realizarase un coloquio en torno ao libro Cando elas toman os muros. Feminismo e arte urbana en Galicia, estudo pioneiro que constrúe unha primeira xenealoxía feminista da arte urbana.

Post navigation

Previous: Vicente Piñeiro gaña o Laudamuco para textos Teatrais
Next: Buscan unha solución para o tráfico interior da Pontepedriña

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.