Compostela, 17 de xaneiro do 2023 – A confraría Franciscana da Beira Cruz recupera unha vella tradición, suspendida pola pandemia, que consiste na bendición dos animais.
Hoxe as sete e media da tarde e no Campillo de San Francisco terá lugar a bendición e a continuación celebrarase unha eucaristía. A bendición dos animais coincide sempre coa festividade de San Antonio Abad.

Antonio Abad ou Antón Abad naceu en Heracleópolis Magna en Exipto, África, no ano 251 d. C. e morreu no 356 d. C. Foi un monxe cristián e fundou o movemento eremítico (é dicir, o movemento dos ermitáns). De Antonio crese que alcanzou a vivir 105 anos de idade.
De san Antonio Abad cóntase que aos 20 anos de idade vendeu todas as súas posesións, entregou o seu diñeiro aos pobres e que se retirou a vivir a unha comunidade local, durmindo nunha cova sepulcral e tendo unha vida ascética (o ascetismo é a práctica filosófica ou relixiosa que se basea na procura da purificación do espírito a través da negación dos praceres materiais ou a abstinencia). Tamén dedicou a súa vida a axudar a outros ermitáns a encamiñar a súa vida espiritual no deserto.
No texto que fixo san Jerónimo sobre a vida de Pablo o ermitán cóntase que Antonio foi a visitalo na súa idade madura e dirixiuno na vida monástica. Un corvo que traía diariamente un pan a Pablo recibiu ao abade traéndolle un pan tamén a el. Cando morreu Pablo, Antonio enterrouno coa axuda de dous leóns e outros animais. É por iso que é o patrón dos animais e dos sepultureiros.
Doutra banda, tamén se conta que unha vez se lle achegou unha xavelina cos seus cachorros que estaban cegos. A xavelina estaba en actitude de súplica. Antonio curou aos cachorros da súa cegueira e desde entón a nai non se separou del e defendeulle de calquera alimaña que se achegase.