Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A BBC gravará parte da Semana Santa de Compostela

Semana-Santa-slide-16-marzo-2020_220415_r

As imaxes formarán parte dun programa sobre o Camiño de Santiago. A televisión pública británica gravará este sábado o Santo Vía Crucis.

A cadea pública británica, a BBC, está preparando un programa sobre o Camiño de Santiago e coma parte da reportaxe gravará este sábado o Santo Vía Crucis da Semana Santa. O programa leva por título “World’s Most Amazing Walks” e está presentado polo actor e condutor británico Robson Green.

O episodio estará dedicado ao Camiño Francés, a ruta máis popular do Camiño de Santiago, e mostrará a experiencia do presentador ao longo do percorrido: as paisaxes, a historia, a gastronomía, as persoas e a riqueza cultural do itinerario.

O Exercicio da Santo Vía Crucis foi elixido para formar parte deste episodio pola súa forte carga simbólica e espiritual, representando a dimensión máis humana e relixiosa do Camiño. A gravación permitirá mostrar nunha produción de alcance internacional o valor patrimonial, cultural e litúrxico dun exercicio no que participan todas as confrarías da cidade e que é presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto.

Pequeno vídeo que fixemos hai un ano sobre algúns dos pasos da Semana santa

Ademais, tamén está prevista a intervención da presidenta da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago, Elena Bernárdez, quen achegará a súa visión sobre o significado da Vía Crucis dentro da Semana Santa da cidade. 

A presenza da BBC na Semana Santa de Santiago reforza o crecente interese internacional polo Camiño como experiencia transformadora e consolida a Compostela como referente cultural, espiritual e de acollida.

A BBC

A BBC é unha das cadeas de televisión máis reputadas de todo o mundo. Comezou a emitir en 1936 e ao longo da súa historia definiuse pola súa independencia e seriedade na información que transmite.

Algúns dos mellores programas de televisión naceron na BBC ao longo da súa historia. Desde series como Doctor Who ou Downton Abbey ata programas como Top Gear ou BBC Earth sobre natureza.

A presenza de Compostela e a Semana Santa na televisión pública británica é unha garantía de difusión internacional.

Post navigation

Previous: Piden a dimisión do ex alcalde da Baña pola desaparición de 5 móbiles e a solicitude de apertura de xuízo oral
Next: O máis lido en Lindeiros do  7 ao 11 de abril

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.