Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Real Filharmonía visita os barrios de Compostela

real fiñharmonia nos barrios SLIDE 11 xunho 2025 (1)

A Real Filharmonía de Galicia actúa en Galeras e Conxo como parte da súa programación estival

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos en colaboración coa Escola de Altos Estudos Musicais. Trátase dun compromiso da RFG coa formación de novos músicos profesionais e que, ademais, busca achegar a música clásica á cidadanía ao promover espazos de intercambio accesibles aos máis variados públicos.

Xunto á orquestra actuarán os alumnos Óscar Rial (trompeta), Erika García (clarinete), Inês Fernando (viola) e Belén Aragunde (frauta). O director asistente da RFG, Sebastian Zinca, levará a batuta

O acceso será libre e de balde ata completar a capacidade permitida e serán interpretadas composicións de Mozart, Haydn, Mendelssohn, entre outros. Os espectáculos terán lugar o xoves, 12 de xuño, na Casa das Máquinas (Galeras) e tamén o venres, 13 de xuño, na Igrexa de Nosa Señora da Mercé de Conxo; ambos ás 19:30h.

A vindeira semana, o xoves 19 de xuño, terá lugar no Auditorio de Galicia, ás 20:30h, o concerto de presentación da temporada 2025-2026. Será necesario retirar previamente as invitacións na web de Compostela Cultura e, na ocasión, o director titular e artístico Baldur Brönnimann dará a coñecer as principais propostas musicais preparadas para o próximo ciclo.

Post navigation

Previous: As bicicletas convidan a reflexionar
Next: O goberno de Padrón perde a cuestión de confianza

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.