Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Máis verde para Compostela

compostela barrio verde branhas sar slide 3 marzo 2025

Compostela, 3 de marzo do 2025 – O goberno municipal de Santiago de Compostela ven de aprobar a contratación das obras do “Barrio Verde de Pontepedriña” incluído no proxecto “Entre Sar e Sarela”.

O aprobado en Xunta de Goberno suporá a reurbanización do barrio verde de Pontepedriña a través da renaturalización da mazá e da creación dun corredor ecolóxico urbano cun orzamento base de licitación de 1.922.386,59 euros.

O ámbito de actuación en Compostela é o barrio de Pontepedriña entre a rúa do escultor Camilo Otero, a praza Pintor Laxeiro e a rúa Amor Ruibal, cunha elevada porcentaxe de espazo público destinado ao tráfico rodado.

O proxecto “Entre Sar e Sarela” está financiado ao 95% pola Unión Europea, polo que o importe total a percibir polo Concello de Santiago ascende á cantidade de 3.228.069,12 euros (1.596.722,49 euros para o ano 2024 e 2.480.945,93 euros para o ano 2025) e terá unha duración estimada de 28 meses, finalizando o 31 de decembro de 2025.
Ademais do “Barrio Verde de Pontepedriña”, o proxecto recolle outras catro actuacións: a “Naturalización da lagoa do Auditorio de Galicia, restauración fluvial do Río Corgo e mellora ecolóxica”, cun investimento estimado de 816.494,25 euros, sen IVE; a consolidación do Anel Verde exterior e a “Restauración ambiental e creación do laboratorio vivo-urbano agroecolóxico no xardín botánico”,  e a “Recualificación e recuperación ambiental da área verde do barrio de Cornes”, que contaría cun orzamento estimado de 225.724,37 euros.

Post navigation

Previous: Subvención ou non subvención, ese é o dilema en Teo
Next: A Deputación da Coruña inviste nas estradas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.