Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela aposta polos barrios

O concello de Santiago aposta polos barrios da cidade coa posta en marcha da iniciativa de dinamización "Vitamina B de Barrio".
compostela-con-b-de-barrio-slide-18-setembro-2023_r

Compostela, 18 de setembro do 2023 – O concello de Santiago aposta polos barrios da cidade coa posta en marcha da iniciativa de dinamización “Vitamina B de Barrio”.

Un proxecto que parte da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude que busca impulsar as competencias emprendedoras nos barrios da cidade. O proxecto forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible, EDUSI, Revive Santiago.

A iniciativa ten como finalidade identificar e apoiar o lanzamento de novos proxectos na cidade. Trátase de mellorar as competencias claves para emprender, mellorar as empresas e a procura activa do emprego. As distintas liñas están dirixidas a persoas emprendedoras, a comerciantes en activo que queiran mellorar os seus negocios, e á cidadanía en xeral.

Os primeiros barrios que acolleran “Vitamina B de Barrio” serán a Peregrina, San Lázaro, Santa Marta e Sar, a través de diferentes accións formativas e de concienciación, que se poden consultar na web vitaminabe.com. Na mesma páxina están xa habilitados os formularios de inscrición nas actividades.

Cursos

A primeira das accións denomínase “Emprende no teu barrio/Mellora o comercio do teu barrio” e tratará cuestións como estratexia, mercadotecnia, finanzas ou comunicación. Será unha semana de aulas, en horario de mañá, en cada un dos catro barrios implicados no proxecto, que irán acompañadas de titorías personalizadas para os participantes. A acción arrancará hoxe en Sar.

A segunda das propostas tamén de carácter formativo e de orientación profesional será “O talento do noso barrio”, dirixida á veciñanza dos catro barrios implicados no programa. Neste caso, as aulas impartiranse polas tardes, tamén ao longo dunha semana en cada unha das zonas, e tamén se completarán con titorías personalizadas.

“Barriohub” é a terceira das accións do “Vitamina B de Barrio”. Neste caso, elaboraranse unha serie de 20 pilulas de formación, de temáticas moi diferentes, como xestión do tempo, traballo en equipo, resolución de conflitos, ou xestión dos custos e dos ingresos, que estarán ao dispor da cidadanía dos barrios para ampliar a súa capacitación con independencia das súas dispoñibilidades horarias.

Participación e concienciación

O programa inclúe tamén a acción “Experiencia do teu barrio”, que prevé a celebración, xa no mes de outubro, de cinco foros de opinión en cada un dos barrios participantes, para que sexan as propias empresas e comerciantes as que compartan as súas experiencias. Nestes encontros abordaranse temáticas como o emprendemento, a sustentabilidade, ou o fomento do consumo de proximidade.

Por último, prevense accións nos centros socioculturais e educativos de Sar, Santa Marta, San Lázaro e A Peregrina, baixo o nome “Conciencia de barrio”, para fomentar entre as familias o consumo de proximidade e responsable. Estas accións de concienciación completaranse ao longo do mes de outubro cunha campaña de animación ao consumo de proximidade nos barrios obxecto desta iniciativa.

Post navigation

Previous: A Deputación  e a Universidade de Santiago porán en valor a Serra do Careón
Next: Máis de cen persoas camiñan para protestar pola balsa de Cornanda

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.