Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Avante LGBT+ presenta a programación do orgullo en Compostela

COMPOSTELA PROGRAMA ORGULLO AVANTE LGTBQ SLIDE 28 XUNHO 2025

O mes de orgullo homenaxeará ao ilustrador recentemente desaparecido Xosé Vizoso, para Avante LGBT+ un referente da arte gráfica galega.

Este mes vólvese a celebrar o Orgullo e o colectivo compostelá Avante LGBT+ ven de presentar unha programación que inclúe distintas actividades e eventos. Un dos actos centrais será  manifestación que terá lugar o día 28, as oito da tarde, desde a praza 8 de marzo.

A programación da comezo o próximo venres día 13 cunha maratón de cine clásico de temáticas LGBT na Casa Xohana Torres. A actividade, totalmente gratuíta e na que se prevé un ambiente distendido, consistirá no visionado de tres filmes que abriron camiño no século XX nun contexto no que rachar coas normas de xénero aínda era tabú na gran pantalla.

Ao día seguinte Avante LGBT+ colabora co colectivo de labores Trecendo para darlle unha volta queer ao “día da calceta en público”. Se o tempo acompaña, a actividade desenvolverase no parque da Alameda, sendo o punto de encontro a estatua das Marías. A este encontro están chamadas persoas interesadas na calceta, croché, bordado, ou calquera outra labor manual.

O sábado 21 de xuño é a data prevista para a entrega de premios do certame de poesía LGBT+ en galego que este ano acada a súa quinta edición. Esta iniciativa busca fomentar a elaboración poética ao redor das vidas e vivencias das persoas disidentes de xénero e sexuais, ao tempo que se aposta pola produción cultural en lingua galega. Como en anos previos, a cerimonia terá lugar no marco da Gala de Compostela Diversa, que será anunciada polo concello nos próximos días. 

As actividades non rematan o 28, día propio do Orgullo LGBT+ a nivel internacional, senón que se estenderán ao longo da primeira metade do mes de xullo. En colaboración con Roga Colectiva, asociación de defensa do patrimonio, Avante LGBT+ organiza un coloquio no que a historiadora Daniela Ferrandez dará a coñecer a historia do Orgullo na Galiza ao longo das xa máis de catro décadas que leva sendo celebrado e reivindicado.

Porén, o programa non está completo, ficando por anunciar dúas actividades formativas a desenvolver en xullo. Estas iniciativas responden ao éxito de asistencia que tiveron no ano 2024 os obradoiros de “maquillaxe e cultura drag” e “alianzas antirracistas” impartidos por profesionais e que puideron ser gratuítos para o público grazas á liña de subvencións a proxectos de igualdade do concello de Santiago. Avante LGBT+ pide á cidadanía que fique atenta ás súas redes para coñecer a temática e inscribirse antes de que se acaben as prazas.

Post navigation

Previous: Manuel Rodríguez fala da Casa RIA como lugar para a comunidade
Next: Último pase da obra de teatro “Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo”

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.