Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Coro do Mestre Mateo nos Luns do Ateneo

ateneo luns coro mestre mateo_2 SLIDE 26 abril 2025

Unha conferencia que se centra na recuperación do Coro do Mestre Mateo e que será impartida por Francisco Prado-Vilar, profesor e investigador de Historia da USC.

Por © José Luiz Bernardes Ribeiro, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=24822520 

Os Luns do Ateneo falan de pedra na vindeira sesión xa que o protagonista será o Coro do Mestre Mateo e a súa recuperación. Coma sempre na Rúa do Vilar 19, as oito da tarde. A charla en esta ocasión leva por título “O Coro do Mestre Mateo revelado: a recuperación dun monumento único”.

O relato será Francisco Prado-Vilar, Profesor de Historia da Arte da USC e Investigador Distinguido do CISPAC. Esta conferencia, que será presentada en colaboración co proxecto KosmoTech_1200, abordará os avances na recuperación do famoso Coro do Mestre Mateo.

A conferencia centrarase na historia do coro, que foi desmantelado no século XVII, deixando atrás un conxunto de fragmentos que, ata agora, resistían a súa completa reconstrución. Gracias ao proxecto KosmoTech_1200, que combina tecnoloxía avanzada e investigación histórico-artística, presentaranse avances inéditos, como a reconstrución 3D inmersiva de varios sitiais do coro, a anastilose de partes ausentes e a recreación das policromías.

Prado-Vilar tamén compartirá como este monumento foi esencial na historia da música, testemuñando a emerxencia da polifonía e a conexión coa lírica galega, vinculada a cóengos-trobadores como Osoiro Eanes e Adao Fernandes.

Francisco Prado-Vilar é Profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e Investigador Distinguido do CISPAC. Doutor pola Universidade de Harvard, Prado-Vilar desenvolveu unha destacada carreira académica e investigadora en universidades de renome internacional, como Princeton e Stanford.

Participou en proxectos de conservación do patrimonio, entre os que destaca a restauración do Pórtico da Gloria, e actualmente lidera o proxecto KosmoTech_1200, que busca recuperar o Coro do Mestre Mateo e o seu importante legado.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  21 ao 25 de abril
Next: Espazo Común renova a executiva

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.