Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Manuel Rodríguez fala da Casa RIA como lugar para a comunidade

COMPOSTELA ATENEO CASA RIA slide 8 XUNHO 2025

Manuel Rodriguez é o director da Fundación Ría e falará sobre de creación da Casa RIA co título “Fundación e Casa RIA: un novo espazo aberto á comunidade” no centro de Santiago de Compostela.

O Ateneo de Santiago acolle este luns, 9 de xuño, ás 19.30 horas, unha nova conferencia na Rúa do Vilar, 19. Esta semana, o relatorio levará por título «Fundación e Casa RIA: un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela» e estará impartida por Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA.

O acto contará coa presentación do arquitecto Ángel Panero e na charla abordarase a creación e o desenvolvemento da Casa RIA, un novo espazo situado en pleno centro histórico de Santiago, pensado como punto de encontro para proxectos de interese social, cultural e urbanístico.

O relator explicará como esta iniciativa pretende contribuír á revitalización do tecido urbano e á participación cidadá desde unha perspectiva baseada na arquitectura e o territorio. Manuel Rodríguez é arquitecto pola ETSAB da Universidad Politécnica de Catalunya e ampliou a súa formación na Universidade de Lund, en Suecia.

No ano 2016 incorporouse ao estudo David Chipperfield Architects en Londres, desde onde impulsou o proxecto Estudio Arousa, orixe da Fundación RIA, creada en 2017. Dende entón dirixe esta entidade sen ánimo de lucro centrada no desenvolvemento territorial sostible e no diálogo entre arquitectura, comunidade e paisaxe.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  2 ao 6 de xuño
Next: Avante LGBT+ presenta a programación do orgullo en Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.