Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O Festival Ateneo Barroco regresa en outubro

compostela ateneo barroco slide 5 setembro 2025_page-0001

Celebrarase entre o 8 e o 22 de outubro e contará con seis actividades complementarias. Trátase da VII edición do festival.

O Ateneo de Santiago presentou este xoves o VII Festival Ateneo Barroco, que terá lugar en Compostela entre o 8 e o 22. A programación, baixo o título “Instrumental #1”, propón seis concertos e unha ampla oferta de actividades paralelas arredor da música antiga.

O Presidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, abriu o acto indicando o “esforzo organizativo importante” que supón para a entidade a organización deste Festival pero que se continúa levando a cabo porque “entendemos que é un Festival de Música Barroca que prestixia a cidade de Santiago, que complementa a súa imaxe como cidade barroca e que permite poñer á disposición dos cidadáns de Santiago unha alternativa musical distinta das que usualmente estamos acostumados”.

Candela salientou que por primeira vez este Festival ten un convenio de colaboración coa Quincena Musical de San Sebastián, así como “a facilidade para participar neste Festival por parte dos cidadáns, tendo prezos moi asequibles porque queremos chegar a todo o público”.

Neste senso, as entradas e abonos xa están dispoñibles na web oficial do festival: www.festivalateneobarroco.gal. O prezo do abono para os seis concertos ten un custo de 35 euros (máis gastos de xestión), cun prezo reducido de 25 euros para os menores de 30 anos posuidores do Carné Xove e para os socios do Ateneo. Así mesmo, pódense adquirir entradas individuais para cada un dos concertos por 10 euros, ou 8 euros no caso das tarifas reducidas.

Pola súa banda, o director artístico do Festival, José Víctor Carou, explicou o contido do mesmo, indicando que este ano se inicia un proxecto artístico bianual, onde “baixo o título Instrumental queremos resaltar o papel fundamental que os instrumentos teñen desempeñado neste repertorio”. Carou destacou que no Festival “imos ir descubrindo instrumentos con propostas moi orixinais como é a presenza da musette, un instrumento da familia das gaitas, que tivo moita difusión nos séculos XVII e XVIII e despois caeu no esquecemento, presentado por unha música moi nova, galega de Tui, como é Nadia Vázquez, que está a desenvolver unha carreira extraordinaria con moito compromiso con este instrumento”.

O festival abrirase o 8 de outubro no Teatro Principal coa Camerata Boccherini, liderada por Massimo Spadano e Paolo Grazzi, nun programa de sonatas e triosonatas do Barroco tardío. O día 10, tamén no Principal, Ars Atlántica, con Nadia Vázquez á musette, Anna Margules coas frautas de pico, Calia Álvarez na viola da gamba e Manuel Vilas coa súa arpa de dúas ordes, achegará un repertorio de danzas francesas na España barroca.

O Salón Teatro acollerá o 14 a homenaxe do clavecinista Kenneth Weiss a Wanda Landowska, pioneira na recuperación do clave. Xa o 17, a Igrexa da Universidade será escenario das Lamentacións de Delalande con María Espada e o Collegium Musicum Madrid.

O ciclo continuará o 21 co programa Les Charmantes Invasions da Capela Compostelana, centrado na influencia francesa, e pechará o 22 no Paraninfo da Universidade con Ars Lachrimae, un percorrido polos sons do laúde, a cargo de Enrike Solinis. Ademais, haberá actividades complementarias como unha conferencia de Beatriz Cancela, a proxección do documental The Quest for Tonewood, un club de lectura con obras de Harriet Constable e Helena Attlee, encontros cos artistas e o concerto de improvisación Fractais Sonoros do pianista Alejandro Vargas no Hostal dos Reis Católicos.

Post navigation

Previous: Danza e violonchelo no Mosteiro de Carboeiro
Next: Ames mellora camiños en Quintáns, Proupín e Lamas

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.