займ срочно

O IV Festival Ateneo Barroco celebrarase en outubro

0

Compostela, 13 de setembro do 2022 – A cuarta edición do festival Ateneo Barroco celebrarase en Compostela do 4 ao 24 de outubro próximos.

O Ateneo de Santiago organiza un ano máis esta cita en torno a música antiga. O Ateneo Barroco 2022 pon o foco na creación e a composición baixo o lema “Xenios Singulares: compositoras e compositores, os impulsos da creación”.

Na programación de este ano poderanse atopar artistas pouco coñecidos pero que merecen unha páxina na historia da música antiga.  Isabella Leonarda, Josquin Desprez, Tobias Hume e Sebastián Durón son os autores arredor dos que xira a programación 2022.

Unha das compositoras máis singulares é a relixiosa italiana Isabella Leonarda, un dos piares dos contidos de esta edición. Nada no seo dunha familia nobre, Isabella Leonarda (1620-1704) viviu toda a súa vida no convento de Santa Orsola da súa cidade natal, Novara, cenobio no que ingresou con 16 anos, no que se formou musicalmente e no que produciu unha obra enteiramente sacra.

Destacan as súas sonatas da chiesa e os seus motetes que, cando se compren 400 anos do seu nacemento, recupéranse na voz da soprano milanesa Roberta Invernizzi e o cuarteto vocal barcelonés especializado en polifonía renacentista Qvinta Essençia, coa concepción e dirección musical do compostelán Manuel Vilas.

Non menos importantes serán os interpretes, moitas veces recuperadores, que participarán no Ateneo Barroco. As cantantes Roberta Invernizzi, María Cristina Kiehr e Núria Rial. Os conxuntos Accademia del Piacere, Armonia Concertada, Qvinta Essençia e Capela Compostelana e os músicos e directores destes proxectos musicais Fahmi Alqhai, Ariel Abramovich, Manuel Vilas e Francisco Luengo.

No Ateneo Barroco 2022 mantense unha variedade de estilos que inclúe música sacra, ópera, música de cámara e para teclado, etc., na que a voz volve a ser protagonista. Viaxarase musicalmente polo occidente de Europa dende finais do século XV até mediados do século XVIII: Italia, España, Flandes e as Illas Británicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies