Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A asociación Fonseca alertan sobre a degradación da zona vella de Santiago

asociacion-fonseca-despoboamento-cidade-historica-slide-29-outubro-2024_r

Compostela, 29 de outubro do 2024 – A Asociación de Veciños FONSECA chama a atención sobre a degradación que sofre a cidade histórica pola proliferación das terrazas, as restricións da mobilidade e o aumento do tráfico de visitantes.

A directiva de Fonseca daba onte unha rolda de prensa na que o presidente da asociación, Roberto Almuíña, explicaba que “Padecemos dilacións crónicas que deberían resolverse sen demora outorgando o permiso de ocupación da vía pública ao tempo que se dá a licenza de obra”

Almuíña estivo acompañado polo vicepresidente, Xosé Baqueiro; e as vogais da entidade, Pastora Rivas e María José Lorenzo. No encontro cos medios expresaron a súa preocupación por temas como “o necesario impulso á rehabilitación, a mobilidade no casco histórico e a súa contorna, a Alameda ou a contaminación acústica nocturna na améndoa da cidade”.

Roberto Almuíña destacou a imaxe de portada do novo número da revista que editan, a gran nora de Compostela, “unha icónica atalaia” das festas da cidade que segundo a Asociación debe permanecer neste espazo sempre garantindo “a protección ambiental e patrimonial da carballeira de Santa Susana”.

O presidente sinalou que se debe actuar “con urxencia” na Alameda, pero con sentido común e respectando o sentir dos composteláns, a pesar de que engadiu que a entidade non concorda co avance do Plan Estratéxico da Alameda.

O presidente, no seu editorial, fai un diagnóstico da degradación que está a sufrir a cidade, “con terrazas que medran privatizando as rúas para o beneficio económico duns poucos; a limpeza que co novo contrato non fixo máis que empeorar; as restricións de mobilidade absurdas que só afectan aos veciños que son os que menos acceden cos seus vehículos á cidade histórica; o tráfico medra día a día, con ringleiras de visitantes que ninguén xestiona e atrancan rúas e prazas, o que mostra que non hai un modelo turístico definido que, en opinión da Asociación, debería ir cara o turismo de congresos e de eventos e non cara o modelo actual de camiña a Santiago”.

No caso da cidade histórica, puxo de manifesto a perda de poboación que continúa desde o ano 2000, rexistrando un descenso do 24 %, segundo se manifesta na revista cunha reportaxe sobre un traballo demográfico do compostelán Óscar Cobos, onde tamén se amosa o aumento do número de inmobles abandonados actualmente sumando 123 edificios en este estado. “O Concello debería actuar como mediador e intervir aplicando a lei”.

Outro punto moi importante é a rehabilitación. Roberto Almuíña lembrou que non se están a deseñar plans de rehabilitación coordinados e adaptados ás moi especiais circunstancias dunha cidade Patrimonio da Humanidade, coas restricións de protección patrimonial que conleva nin dialogando coa veciñanza.

 “Na cidade histórica e no resto de Santiago padecemos dilacións crónicas debido á incapacidade xestora do Concello, que deberían resolverse sen demora outorgando o permiso de ocupación da vía pública ao tempo que se dá a licenza de obra, ambas outorgadas polo mesmo equipo”.

Roberto Almuíña fixo mención ao nacemento da Federación Galega de Loita contra a Contaminación Acústica (FEGACÚSTICA), onde actualmente se está a traballar no fortalecemento da relación entre asociacións, e no ámbito lexislativo para modificar a Orde da Xunta de Galicia de outubro de 2020 que rexe os horarios de peche dos locais de ocio nocturno e nas terrazas.

Solicitan a racionalización dos horarios e que se adapten aos que xa teñen no País Vasco, que é un pouco máis favorable. Sobre esta cuestión a Asociación manterá mañá unha reunión co Grupo Parlamentario Socialista de Galicia para presentarlle a proposta de FEGACÚSTICA.

Post navigation

Previous: Astarot abriran o San Martiño en Teo
Next: Cartas ao director. Errejón

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.