Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

“As que limpan” , teatro para reflexionar

compostela as que limpan slide 14 febreiro 2025

Compostela, 15 de febreiro do 2025 – O concello de Santiago colabora coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, por medio da Unidade de Atención ao Migrante, para traer a obra de teatro “As que limpan”.

Esta peza da compañía A Panadaría trata de “remexer consciencias a través do teatro”. “As que limpan” chegará ao Teatro Principal o próximo xoves, 20 de febreiro, con entrada de balde.

O evento foi presentado pola concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e en representación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas participou Miguel Fernández.

“As que limpan” é unha sátira inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis na defensa dos seus dereitos sociais e laborais. A montaxe trata de darlle visibilidade a estas mulleres, e aborda cuestións como a explotación laboral, as enfermidades físicas e psíquicas derivadas do traballo, e mesmo a problemática do turismo masivo.

María Rozas explicou que, segundo o informe do Mercado de Traballo de 2023, o 30% do persoal de limpeza de oficinas, hoteis e outros establecementos similares son persoas estranxeiras, con case 250.000 contratos no conxunto do Estado.

Rozas dixo que “é fundamental reflexionar sobre a situación destas persoas, a inmensa maioría mulleres, e máis ainda nestes momentos nos que se estenden os discursos do odio”.

Pola súa banda, Miguel Fernández explicou que con esta obra “celébrase o noveno aniversario da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, que se constituiu durante a guerra de Siria como reacción á resposta europea de pechar as fronteiras a aquelas persoas refuxiadas”.

Agora, incidiu, a Rede segue traballando noutras situacións “como as que viven as persoas refuxiadas que chegaron a Santiago desde diferentes países africanos”.

Entrada de balde

A colaboración entre a UAMI e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas é unha oportunidade para ver de balde unha obra que leva máis de dous anos sendo un éxito de público. As invitacións para asistir poderánse retirar os días 18 e 19 na Zona C, e o propio día 20 na billeteira do Teatro Principal.

“As que limpan” vén recibindo numerosos recoñecementos desde a súa estrea, en 2022. En 2023 foi a obra triunfadora nos Premios María Casares, e recibiu o galardón nas categorías de Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Texto Orixinal, e Mellor Actriz Protagonista para Noelia Castro. Tamén conseguiu o premio do público na Mostra Internacional de Ribadavia en 2023. 

A Panadaría foi fundada en 2013 por Areta Bolado, Noelia Bolado e Ailén Kendelman. Nesta década veñen traballando en montaxes creativas cunha importante carga de reivindicación social e feminista.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 10 ó 14 de febreiro
Next: O Ateneo non se esquece do Alzhéimer

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.