Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda

As clases na USC comezarán o día 21 con presencialidade segura

O curso académico 2020/2021 comezará na USC o próximo día 21 nun réxime de presencialidade segura coas máximas garantías sanitarias.
usc-comezo-das-clases-slide-3-setembro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 3 de setembro do 2020 – O curso académico 2020/2021 comezará na USC o próximo día 21 nun réxime de presencialidade segura coas máximas garantías sanitarias.
    • Distancia interpersoal de 1,5 metros

Compostela, 3 de setembro do 2020 – O curso académico 2020/2021 comezará na USC o próximo día 21 nun réxime de presencialidade segura coas máximas garantías sanitarias.

A USC emitiu unha Resolución Reitoral asinada onte mércores na que Antonio López empraza á comunidade universitaria a “Desenvolver as actividades propias da Universidade garantindo as condicións sanitarias establecidas polas autoridades competentes é o obxectivo principal de todas e cantas medidas ten establecido e contempla o goberno que dirixo de cara ao inicio do curso”.

Dende o primeiro momento convivirán o Escenario 1 e o Escenario 2 contemplados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021. Isto significa que a docencia se desenvolverá de xeito presencial como norma xeral (Escenario 1). Soamente nos casos nos que non se poidan cumprir as directrices establecidas polas autoridades sanitarias, establecerase a convivencia entre a docencia presencial e a semipresencial (Escenario 2). Esta lóxica será de aplicación para todas as actividades que se desenvolvan no eido da Universidade e serán de aplicación asimétrica atendendo ás circunstancias de cada Centro e cada titulación, o que permitirá que o ano académico que agora comeza se desenvolva coa maior normalidade e seguridade posibles.

As clases na USC comezarán o día 21 con presencialidade segura
o reitor Antonio López nunha imaxe de arquivo

Distancia interpersoal de 1,5 metros

A incorporación neste momento do Escenario 2 é consecuencia da publicación no DOG do pasado venres 28 de agosto das actuacións coordinadas para centros educativos que prevén actividade lectiva presencial mantendo unha distancia interpersoal de 1,5 metros, así como das recomendacións do Ministerio de Sanidade modificadas con data de 30 de agosto.

“Dende a Universidade debemos estar preparados para dar resposta, coa maior celeridade posible, a calquera cambio que se poida dar no conxunto de normas, confuso e contraditorio moitas veces, que afectan ao ámbito da seguridade sanitaria nestes tempos que nos toca vivir”, explicaba o reitor este mércores, alén de agradecer “o esforzo e vontade demostrada para preparar coas máximas garantías o inicio dun curso académico no que teremos que poñer en valor o aprendido en meses pasados”.

Post navigation

Previous: Novo positivo por Covid no CC AS Cancelas e Padrón pasa de 6 a 20 casos (2/09/2020)
Next: O Campionato Galego de tiro con arco este sábado na Pobra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.