Compostela, 9 de xaneiro do 2023 – A veciñanza de Sabugueira, en Lavacolla, mantivo unha reunión co BNG de Santiago para reclamar cambios na reforma da estrada N-634.
A voceira nacionalista, Goretti Sanmartín, reclamará para Lavacolla “unha modificación da primeira fase deste proxecto para que recupere a cota da estrada orixinal, ou se achegue o máis posíbel”.
Sanmartín demadará tamén para Sabugueira “beirarrúas e cunha zona que facilite o acceso a vivendas e negocios de xeito que, ademais de arranxar a vía pública, exista unha reurbanización que beneficie este barrio e incremente a calidade de vida da veciñanza cunha zona de paseo, de aparcamento e outra de parada por uns minutos para facilitar o comercio na zona”.

Tras reunirse coa veciñanza a concelleira mantivo outro encontro con persoal técnico do Consorcio e co concelleiro de Medio Rural. José Manuel Pichel, para coñecer, de primeira man, o proxecto e propor unha mudanza. Goretti Sanmartín acadou o compromiso de rebaixar a altura estrada, en 15 centímetros con respecto á actual. Tamén nesa reunión falouse da necesaria convocatoria de axudas propia desa institución destinadas á rehabilitación de inmóbeis na zona de protección do Camiño Francés, algo que tamén afecta á veciñanza da Lavacolla.
Unha das propiedades afectadas foi construída en 1916 e reformada en 1960 converténdose en estanco e panadería. Esta vivenda está catalogada por Patrimonio como vivenda tradicional de interese cultural, ademais de estar situada no Camiño de Santiago dado que a propia estrada foi durante décadas paso de peregrinación até que o trazado foi desviado por outros camiños cando comezou a súa promoción pola Xunta a través do Xacobeo.
O BNg aposta por corrixir os erros cometidos en esta vía 1970. En aquel momento a reforma da estrada entre Santiago e Lavacolla deixou as vivendas por debaixo do nivel da estrada, sen ter en conta a habitabilidade nin os dereitos de acceso.
Goretti Sanmartín explica que “Toda vez que se van realizar obras e quedarían a un nivel aínda máis baixo é o momento de rebaixar a cota da calzada até o que era antes dos anos 70 e impedir que as casas e os negocios fiquen soterrados baixo a estrad