Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Área Central elevada ao cubo

area central rubik SLIDE 2 abril 2025

O centro comercial Área Central organiza o torneo de speedcubing “Camino de Santiago Open 2025” na procura dos máis rápidos en resolver o cubo de Rubik.

Para moitos é unha lembranza da infancia, para outros un entretemento e para algúns un tema moi serio. O cubo de Rubik non deixou de acumular afeccionados desde que en 1980 o húngaro Erno Rubik licenciara a idea que tivera seis anos antes.

Este quebracabezas mecánico tridimensional é o centro de milleiros de torneos por todo o mundo para competir por ser o máis rápido en resolvelo, é o denominado speedcubing. Polo momento a nivel mundial é o estadounidense Max Park que o ten en 3,1 segundos na modalidade 3x3x3.

A competición que veremos en Área Central está organizada pola  Asociación Galega de Speedcubing. Será este sábado 5 de abril e leva por nome “Camiño de Santiago Open 2025”. Están anotado un total de sesenta participantes de todas as idades, desde pequenos a persoas maiores e proceden de varios puntos de España e Portugal.

As categorías non quedan nos clásicos 3×3, 2×2 e 4×4. As opcións multiplícanse e neste torneo haberá as modalidades Pyraminx, Skewb, Megaminx e Clock. Ademais, a dificultade aumenta cando existe a variedade 3×3 a cegas: hai competidores que o resolven nun minuto cos ollos vendados.

Na categoría de Clock este sábado estará presente Sergio Márquez, que ostenta a marca nacional de single, cunha única resolución en 2,52 segundos. Ademais, en Área Central tamén estarán presentes novos promesas galegas como Daniel e Teo Cabezudo, Ana Igrexas e Brais Suárez, que posúen diversas marcas galegas en varias categorías, como 2×2, 3×3 e Clock.

O campionato “Camiño de Santiago Open 2025” é o primeiro torneo que se celebra na provincia da Coruña e o segundo en Galicia nos últimos 17 anos. Os amantes a este xogo terán este sábado en Área Central unha oportunidade única para competir; pero tamén como punto de encontro entre eles e como ocasión para difundir e dar a coñecer a súa afección.

O speedcubing non é unha simple competición de velocidade. É unha actividade que fomenta a concentración, a perseveranza e o uso de técnicas para a resolución de problemas.

Taller de iniciación ao speedcubing

A organización tamén celebrará un taller de speedcubing. Será tamén este sábado 5 de abril, en horario de 12.30 a 13.30 horas. O taller contará con quince prazas e estará aberto a quen queiran aprender a resolver cubos e iniciarse nesta afección. Para participar non é necesario inscribirse pero os interesados deben estar na zona do torneo uns minutos antes para poder ocupar unha do quince prazas dispoñibles. Esta orixinal actividade complétase cunha caseta de venda de gran variedade de cubos de rubik da tenda Ukubom.

Post navigation

Previous: Disolución da mancomunidade Xallas Tines Tambre e peche do matadoiro da Pereira
Next: Os veciños prepáranse para presentar alegacións ao plan de Peleteiro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.