Compostela, 18 de xaneiro do 2018 – O Pleno da corporación vén de dar luz verde, en sesión ordinaria, aos orzamentos 2018 que ascenden a 110 millóns de euros, Os máis elevados da década.
Os orzamentos 2018 foron aprobadas de forma inicial co voto favorable de Compostela Aberta, as abstencións de PSOE e BNG e o voto en contra do Partido Popular. As contas son fruto dunha negociación iniciada no mes de outubro e contan con achegas do Psoe e do BNG.
A concelleira responsable María Rozas explicou na súa intervención que se trataban dunhas contas expansivas e cunha gran carga social. Son os máis cuantiosos da última década debido en parte a captación de fondos dos últimos anos e por achegas como o Plan E. En estes orzamentos redúcese o capitulo de débedas nun 26,73% e os xuros que ten que aboar o concello baixan un 44,26%.
María Rozas explicaba na súa intervención os catro eixes fundamentais e algunhas da propostas dos orzamentos 2018
O pleno íntegro pódese visionar na canle de Youtube do concello.