займ срочно

Compostela aproba de xeito inicial o orzamento 2022

0

Compostela, 16 de febreiro do 2022 – O concello de Santiago aprobou de xeito inicial o orzamento anual co voto favorable do Psoe, as abstencións de Compostela Aberta e BNG e o voto en contra do PP.

Imaxe de arquivo

O orzamento ascende a 129.829.373,12 euros. Crece un 3,85% con respecto ao ano anterior e, según a Concelleira de Facenda Marta Abal, é un “orzamento ambicioso e sensato, á altura das necesidades da capital de Galicia”

Crece o gasto social

O orzamento do 2022 de Compostela incrementa o gasto social. Unha das partidas que máis aumenta. un 24%, e a destinada ao Servizo de Axuda no Fogar, o SAF, que supera os tres millóns e medio. Os prgramas destinados á muller suben un 54%, os de mocidade crecen un 15% e os de emprego un 34%.

Sen ser gasto social destaca tamén o esfor por ampliar e mellorar o abastecemento de auga que sube o investimento nun 119% con respecto ao 2021.

Outras partidas

Tamén aumenta o investimento destinado ao comercio e a hostalería, un 85%, debido ao fomento do consumo local con distintos programas e campañas.

A promoción turística supera os tres millóns e medio e crece un sete por cento.

Pola súa banda a educación crece un 23% no orzamento destinado ás escolas infantís e un 35% no caso dos comedores escolares.

Abstencións de Compostela Aberta e BNG

Compostela Aberta tirou algúns compromisos da negociación pero xustifica a súa abstención na “pouca ambición no gasto social, que non chega nin ao dez por cento” e critica que non se recupera a renda infantil ou a dotación da renda de garantía salarial.

O BNG pola súa banda considera que o orzamento chega tarde e mostra a súa preocupación pola baixa execución no 2021. Os nacionalistas engaden que “Entendemos que temos que facer un esforzo e remar para que se execute o que se orza, facerlle un seguimento e que poida ser unha realidade”.

Crítica do PP

O Partido Popular dixo que o crecemento de 100 a 130 millóns en seis anos non se xustifica nin acredita unha mellora dos servizos públicos. Os populares engaden que “unha progresiva confluencia orzamentaria da esquerda tripartita que btraerá o triplo de gasto superfluo e o triplo de esforzo fiscal”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies