Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela volve a ter un Museo de maxia

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)

Este xoves abre en Compostela  o Museo da Maxia de Galicia. O proxecto recupera o espazo orixinal de Kiko Pastur e amplía a súa visión nun centro de referencia para o ilusionismo galego.


 O xoves, 20 de novembro, inaugúrase na Praza de San Miguel dos Agros de Santiago de Compostela o Museo da Maxia de Galicia, un espazo pioneiro concibido para preservar, divulgar e celebrar o patrimonio máxico galego a través dun percorrido cheo de historias, obxectos e ilusións.

Dirixido polo xestor cultural Eloy Fernández, o museo aspira a converterse no gran referente do ilusionismo en Galicia e nun motor cultural para Compostela. Este proxecto, impulsado desde a paixón e o compromiso coa cultura, recolle o legado do mestre Kiko Pastur e transfórmase nun centro de referencia para a maxia en Galicia.

Alén o espectáculo, o museo propón unha ollada profunda ao ilusionismo como disciplina artística, patrimonio cultural e ferramenta educativa que conectará a tradición galega, pezas de valor histórico, experiencias interactivas, obradoiros, espectáculos e actividades para todos os públicos.

Entre os elementos máis chamativos da exposición permanente de maxia cómpre salientar o gran acuario do Mago Antón, unha lenda viva da maxia galega. Arredor deste obxecto tecéronse ao longo dos anos relatos de accidentes e coincidencias que lle dan un aire case de maldición, converténdoo nun dos obxectos máis sorprendentes para o público visitante.

Visitas guiadas e maxia de preto 

O Museo da Maxia de Galicia artéllase arredor de visitas guiadas nas que o propio Eloy Fernández e outros magos galegos compartirán curiosidades, anécdotas e pequenos relatos da historia da maxia galega e internacional. Estas visitas combinaranse con maxia de preto, realizada a poucos centímetros do espectador, convertendo cada percorrido nunha experiencia única. 

A programación complétase cunha Escola de Maxia para todas as idades, actividades educativas, charlas e conferencias, ademais de encontros específicos para a comunidade ilusionista. O museo será tamén sede da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, que organizará xornadas, conferencias e encontros entre profesionais e afeccionados.

O museo abrirá os xoves e os venres pola tarde, e os sábados e domingos mañá e tarde, con pases cada hora e media.

Post navigation

Previous: Dodro garante a limpeza en tódalas solicitudes de licenza
Next: Frades seleccionado como exemplo provincial de boas prácticas en materia de servizos sociais

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.