O aparcadoiro de 900 prazas tardará algo máis e será xa no 2026 cando se poida habilitar. A Intermodal presentará as novas instalacións nunha inauguración sin data prevista.
O concelleiro socialista Sindo Guinarte e o Secretario Local, Aitor Bouza, anunciaron a apertura da Intermodal este sábado diante das instalacións. Guinarte puxo en valor que “a nova terminal levará o nome de Daniel Castelao, tal e como foi aprobado por unanimidade no Pleno da Corporación, e contará máis adiante cunha exposición itinerante sobre a súa figura, así como unha mostra permanente de esculturas metálicas conmemorativas que se distribuirán pola estación.”

O voceiro socialista explicou respecto ao aparcadoiro anexo que “está pendente a aprobación dunha modificación do proxecto para acadar as 900 prazas previstas, co obxectivo de que poida estar en funcionamento no verán de 2026.”
Parcela de Peleteiro
Os xornalistas aproveitaron para preguntar pola posibilidade de que o proxecto de Peleteiro acabe de novo nos xulgados, como xa pasara no 2005 e que acabou dando a razón á veciñanza.
O secretario xeral do PSdeG, Aitor Bouza, puxo en valor o desbloqueo da parcela de Peleteiro, grazas ao impulso do executivo estatal, fronte ao “bloqueo previo do goberno local” de Compostela Aberta e o BNG.
Os socialistas apelaron ao diálogo coa veciñanza e reclamaron que o actual goberno municipal retome a comisión mixta para avanzar neste proxecto, clave para o urbanismo da cidade e para garantir vivenda pública.
Hoxe luns hai convocada unha reunión sobre o proxecto de Peleteiro no CSC do Ensanche e, ademais de debater a situación actual, falarase da presentación de alegacións e as posibilidade de acudir aos xulgados.