займ срочно

Compostela habilitará novos aparcamentos para o Clínico

0

Compostela, 5 de febreiro do 2024 – Despois da decepciónante reunión coa Xunta de Galicia, e o posible retraso dun acordo ata despois das eleccións, o concello de Santiago habilitará dúas parcelas como aparcadoiro para o Clínico.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa que o Concello acondicionará dúas novas áreas de estacionamento con carácter provisional mentres se executan as obras de ampliación do Clínico.

As parcelas son as situadas á beira do aparcadoiro de borde de Santa Marta e a próxima ao CIMUS e ofertarán entre 250 e 270 prazas gratuítas. A alcaldesa explica que se trata de “contribuír a achegar solucións para as persoas usuarias do complexo hospitalario que sofren cada día a falta de prazas de aparcamento”.

O concello fará os proxectos e destinará as partidas económicas necesarias para crear dúas novas áreas de estacionamento “ante a situación actual de emerxencia, agravada co inicio das obras do Centro de Protonterapia e da ampliación do complexo hospitalario”.

A parcela próxima ao CIMUS ten unha superficie de 3.000 m2 e nela poderían crearse entre 100 e 120 prazas. Prevese un investimento inicial de 27.000 euros para unha actuación que consiste na roza de vexetación, escavación, formación de noiros, retirada de material a vertedoiro e posterior aporte de grava (xabre) estendida e compactada en capa de 25cm. de espesor.

Na parcela á beira do aparcadoiro de borde Santa Marta, na rúa Trece Rosas, a superficie que se amplía será de 4.600 m2, que dá para 150 prazas cunha ratio de 30m2 por praza para facilitar os accesos e a mobilidade, e supón un investimento estimado de 40.000 euros.

Estas obras, que serán de baixo impacto, “realizaranse o máis rápido posible”, sinalou a rexedora, que indicou que as parcelas están situadas unha a 800 e outra a 150 metros do hospital. As prazas que albergarán serán gratuítas e de acceso libre, mais con vixilancia para que haxa rotación e non se convertan en aparcadoiros de longa estadía.

Mentres tanto Goretti Sanmartín dixo sobre a reunión coa Xunta que “agardaremos agora a termos algún tipo de documento que concrete esta proposta e o contido do proxecto para tomar unha decisión sobre ela. É evidente que sempre hai marxe de negociación e, polo que fomos vendo, nin a cantidade é inamovible nin o proxecto está tan pechado como a Xunta de Galicia quixo trasladar”. Tamén anunciou que o resto dos grupos políticos da Corporación foron convocados a unha xunta de portavoces onde serán informados do contido da proposta formulada pola Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies