Eleccións 23, 9 de marzo – Por y Para Santiago elixiu ao seu candidato de cara ás eleccións do 28 de maio. Unha votación secreta na que foi elixido por unanimidade Anxo Jiménez.

O resultado da votación foi comunicado polo secretario de Por y Para Santiago, David Ríos, un dos promotores da nova formación e presidente da Asociación de Veciños de Vista Alegre.
O candidato agradeceu á directiva do partido a confianza e asegurou que viña “para traballar e non para estar sentado catro anos nunha cadeira de brazos , veño a representar a todos e a todas , e traballarei polos nosos barrios, polo noso rural e por toda a cidade”.
Anxo Jiménez asegurou que unha das primeira medidas que tomaría sería a de retirar todos os radares da cidade “que estean con fin recadatorio” así como retirar tamén todos os multamóvil. Tamén asegurou que de ser alcalde comezaría a a traballar para a construción de parkings nos barrios, o máis próximos á poboación e aos negocios, totalmente gratuítos para os veciños.
Outra das propostas da nova formación é a municipalización do transporte urbano e a negociación cos aparcadoiros concesionados para a baixada de tarifas. Aseguran tamén que construirían un aparcadoiro que dera servizo á zona monumental.
Presentaremos un pacto real a todos os grupos políticos para o noso rural a oito anos goberne quen goberne, non como o actual que levan máis de vinte anos asinándoo e incumpríndoo, todos os grupos políticos que pasaron polo noso concello. Ten que haber responsabilidades políticas e persoais para que todos os políticos