Compostela, 5 de outubro do 2023 – O TSXG vén de confirmar a sentenza de derrubo da estación gasolineira de Brandía, ao desestimar o recurso presentado polo Concello.
O concello viuse obrigado a presentar un recurso xa que, unha vez outorgada a licencia, estaba obrigado a defender a decisión. Agora desestima o recursos do concello confirmando así a nulidade do permiso.
Os servizos xurídicos municipais están a estudar a executabilidade desta sentenza e, nese sentido, o departamento de Urbanismo agarda polo informe da asesoría xurídica para adoptar as medidas que determine. Se a sentenza devén firme, a consecuencia da nulidade da sentenza é o derrubo do construído.
O lío xurídico embarrouse máis o pasado mes de xullo cando o concello paralizaba as obras de acceso por “non axustarse ás condicións sinaladas no título municipal habilitante pendente da primeira ocupación”.
En aquel momento explicamos como se desenvolvera todo o proceso nun artigo que podedes ler aquí.