Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Compostela
  • Xeral

Os Reis Magos xa planificaron as primeiras visitas

Recepción dos Reis Magos á cativada no pavillón polideportivo do Souto.

Recepción dos Reis Magos á cativada no pavillón polideportivo do Souto.

Bisbarra, Compostela, 30 decembro 2024 – Aínda queda unha semana pero co traballo que teñen os Reis Magos teñen que ser previsores e planificar con moito coidado os seus itinerarios.

Imaxe de arquivo dunha visita do 2017

En Lindeiros temos xa datos das visitas que farán a Compostela e Ames. Carrozas, paxes e un tempo moi medido para escoitar as peticións dos máis cativos. A chegada dos Reis Magos é unha festa na que nenos e maiores desfrutan por igual.

Ames

En Ames o traballo complícase pero para iso son Reis Magos e comezarán ademais o día 3. As súas maxestades visitarán o Milladoiro e Bertamiráns, e tamén farán as súas respectivas paradas polas zonas rurais do concello, ademais da tradicional cabalgata de reis o día 5 de xaneiro.

Como novidade deste ano, haberá un servizo de tren que percorrerá Milladoiro e Bertamiráns para que os máis pequenos poidan percorrer as vilas dun xeito diferente.

O programa comezará coas recepcións reais para os nenos e nenas de Ames os días 3 e 4 de xaneiro, tanto en Bertamiráns coma en Milladoiro. Nestas visitas, os máis pequenos poderán pedirlles os seus desexos ás Súas Maxestades. As recepcións faranse nos pavillóns municipais de ámbalas localidades; o venres 3 pola tarde de 17.00 a 19.30 horas e o sábado 4 pola mañá de 11.00 a 13.30 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. As visitas terán un intervalo de 5 minutos por cada unidade familiar.

Para poder asistir, estableceuse un sistema de cita previa para evitar longas esperas. Deste xeito, as persoas interesadas poderán reservar a súa cita a través da Sede electrónica do Concello de Ames, seleccionando o día, hora e localidade á que se desexa asistir no apartado “Solicitar cita previa”.

Unha vez seleccionado, haberá que escoller a localidade á que se desexe ir (Recepción Reis Magos Pavillón de Bertamiráns ou Milladoiro), seleccionar o día de asistencia (3 ou 4 de xaneiro) e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións nun menú despregable para consultar se quedan ocos libres no horario que se desexe. Só se poderá pedir unha cita por cada unidade familiar e, ademais, a reserva inclúe o pase polos tres Reis Magos.

Visita dos Reis Magos a Ames no 2019

Por outra banda as Súas Maxestades percorrerán o domingo 5 todos os recunchos do concello, comezando polas parroquias do rural amesán. Iniciarán o seu percorrido pola Ameixenda e Cruxeiras ás 10.00, continuando por Augapesada ás 10.30, por Piñeiro e Covas ás 11.00, polos lugares de Tapia e Ortoño ás 11.30, por Lens ás 12.00, por Agrón e Bugallido ás 12.30, por Trasmonte á 13.00 e finalizando este percorrido en Biduído á 13.30.

Xa pola tarde, será a quenda das cabalgatas de Reis nos principais núcleos urbanos de Ames. As familias interesadas en apuntar aos seus rapaces e rapazas para participar aínda están a tempo de poder inscribirse. Só é preciso enviar o impreso de inscrición a través da Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas do Milladoiro e Bertamiráns.

A primeira cabalgata será a do Milladoiro, de 17.00 a 18.00 horas. A comitiva real sairá da Igrexa de San Xosé, proseguirá pola rúa Agriños – Travesía do Porto – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio – Rúa de Abaixo – Raxoeira – Rúa Anxeriz – Rúa Cruxa – Avenida Rosalía de Castro – Agro do Medio – Rúa Agro da Madalena – Rúa Cereixos – Travesía do Porto, rematando no pavillón.  Unha vez finalice o percorrido da cabalgata, o pavillón municipal abrirá as súas portas  para dar comezo á Gran Festa de Reis para gozar de música e chocolate con rosca.

Na mesma liña, a cabalgata de Reis en Bertamiráns será de 19.00 a 20.00 horas, comezando o percorrido á altura da Nave Obras do Concello; a continuación proseguirán por Avenida da Maía – Rúa do Pedregal – Travesía do Pedregal – Avenida da Maía – Avenida da Peregrina ata rematar no pavillón. Unha vez remate a cabalgata, ao igual que no Milladoiro, haberá un fin de festa con música no pavillón municipal con chocolate e rosca para todos os asistentes.

Compostela

A  Cabalgata dos Reis Magos en Compostela sairá o domingo 5 de xaneiro ás 17:30 horas desde a praza da Mercé de Conxo. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde a cativada poderá gozar do concerto de María Fumaça e unha chocolatada.

Os Reis percorrendo Compostela no 2017

A comitiva percorrerá a avenida de Ferrol, cuxo último tramo será sen son e música para as persoas cunha sensibilidade especial, e cruzarán Romero Donallo para continuar Frei Rosendo Salvado ata a praza Roxa. Despois seguirán pola rúa de República do Salvador, rúa do Hórreo e rodearán a praza de Galicia para entrar na zona vella pola Porta Faxeira e seguir pola rúa do Vilar ata a praza do Obradoiro onde está previsto que sexan recibidos pola alcaldesa e por membros da Corporación municipal entre as 19 e as 19:30 horas.

A continuación dirixirán unhas palabras á cativada e pasarán ao Salón Vermello do Pazo de Raxoi para a tradicional recepción. En total, prevese a participación de 300 persoas no percorrido, das que arredor de 200 serán voluntarias, demostrando o forte compromiso e colaboración da rapazada de Compostela, unha das cousas que máis valoran Melchor, Gaspar e Baltasar.

O desfile contará coa participación de 8 compañías profesionais de Galiza e doutras partes de Europa, que desenvolverán espectáculos protagonizados por acrobacias, danza e música, engadindo un toque de maxia e talento nacional e internacional á celebración. De destacar é o traballo das escolas de danza de Compostela Mandala e Cancunquinqué, así como á colaboración de asociacións como Armatroulas e da Escola de Música, que participará coa súa sección de corneta.

A cabalgata estará composta por cinco carrozas: tres carrozas para os Reis Magos, que irán acompañadas polos seus paxes e heraldos reais;  a carroza da Carteira Real, que levará a maxia das cartas escritas polos nenos e nenas de Compostela; e a gran novidade, a carroza da Boa Estrela, que abrirá o desfile iluminando o camiño con bos desexos para todas as persoas que se acheguen a vivir esta noite tan especial.

Post navigation

Previous: Máis aparcamento en Ames pero de pago
Next: Protexer ás senlleiras

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.