Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Folga e sanción para a concesionaria do SAF en Compostela

A xestora do SAF, de Compostela ven de ser sancionado polo concello e ten sobre a mesa unha ameaza de folga en maio.
Mancomunidade de Ordes axuda no fogar slide 31 marzo 2017_r

Compostela, 25 de abril do 2023 – A xestora do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, de Compostela ven de ser sancionado polo concello e ten sobre a mesa unha ameaza de folga en maio.

Departamento de Axuda no Fogar da Deputación, imaxe de arquivo

Si o SAF sempre fora necesario desde a pandemia converteuse nun servizo imprescindible. Ao mesmo tempo comezou a quedar patente en moitos concellos que non estaba ben pagado. En Lindeiros contamos moitos de estes casos e hai seis meses chegouse a convocar unha folga indefinida.

Cada concello tivo ao longo de este tempo situacións e solucións distintas para compensar os déficits que en moitos casos carrexaban as empresas concesionarias. Vedra conseguiu un aumento salarial do seis por cento e un sistema de pago de quilometraxe razoable. Silleda acabou por subrogar o servizo.

Agora o comité do SAF de Compostela non descarta iniciar mobilizacións e mesmo convocar folga en maio. A concesionaria ven de propoñer unha serie de cambios nas condicións que, a xuízo das traballadoras, empeora as condicións laborais.

Segundo explica Roberto Alonso, representante da CIG-Servizos, a empresa puxo sobre a mesa pasar ao persoal que traballa de luns a venres,  a traballar de luns a domingo cos descansos regulamentarios.

No caso do persoal con xornada continua a empresa anunciou que pasarían a  estar a quenda partida; en canto ao persoal con contratos a tempo parcial, presentou a proposta de aplicarlles unha redución de xornada do 25%.

Alonso indica que na propia memoria explicativa a empresa concesionaria do SAF insiste en varios apartados na responsabilidade do concello e das persoas usuarias pola súa “inflexibilidade” para mover os horarios da prestación de servizos. “Indicou ademais que, de se permitir esta flexibilidade, a empresa non tería que adoptar estas medidas”.

O representante da CIG entende que se trata dunha proposta inasumíbel porque supón “un empeoramento das condicións de traballo, especialmente para o persoal a tempo parcial que ten as condicións máis precarias e aínda propoñen reducirlle un 25% máis a súa xornada”.

Do mesmo xeito, a CIG-Servizos rexeita a proposta presentada para as traballadoras que están a tempo completo porque “partir horarios e ampliar a xornada de luns a domingo dificulta enormemente a conciliación familiar”.

Xunto a isto Alonso lembra que a empresa ten pendente ademais o incremento salarial de parte do IPC do ano 2021, tal e como recolle o convenio, que sería dun 3,4% xa que “ao final abonou o 3,1% máis o IPC do ano 2022, do 5,7 tras da intervención da Inspección de Traballo”.

Sancións desde o concello

Ao mesmo tempo a Xunta de Goberno Local de Santiago acordou impor unha penalidade de 6.000 euros a Servisar Servicios Sociales, S.L., que xestiona o SAF por incumprimento grave na execución do contrato.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, non quixo entrar nos feitos concretos polos que fora sancionada. Explicou ademais que ao ser unha concesión realizada hai menos de dous anos a empresa non pode solicitar cambios nas condicións do contrato.

A intención do concello é iniciar este mesmo ano unha nova concesión e non prorrogar por un terceiro ano. Explican tamén que mesmo no caso de que a concesión tivera máis de dous anos a empresa tería que demostrar o déficit económico no servizo.  

Post navigation

Previous: Piden que se investigue o tratamento do lixo en Santiago
Next: Musicas na Linde: Ataque Escampe

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.