займ срочно

O concello de Santiago alegará contra a conexión da autovía de Noia co Milladoiro

0

Bisbarra, 7 de marzo do 2023 – O concello de Santiago presentará alegacións ao proxecto que busca unir a autovía de Noia, SC-20, coa entrada do Polígono Novo Milladoiro en Ames.

A creación deste novo ramal pretende evitar o colapso da rotonda na entrada do Milladoiro desde o periférico, de xeito que conectará coa avenida Muíño Vello, a principal vía de acceso ao polígono Novo Milladoiro.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de obras, Gonzalo Muíños; e a concelleira de urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse coa Asociación de Veciños Porto de Fornelos para valorar as consecuencias do proxecto en ese lugar.

No encontro decidiuse presentar unha serie de alegacións que  “non implica grandes cambios no proxecto, pero si que melloran substancialmente a calidade de vida dos residentes da zona” explica o concelleiro de Obras.

O obxectivo das alegacións é mellorar o proxecto para que incorpore unha modificación na canalización do Rego de Vilar e a creación dunha parada de autobús que, na práctica xa existe, aínda que sen infraestrutura.

Desde o concello explican que o Rego do Vilar pasa por debaixo da rúa do Porto de Conxo na que se vai a intervir e “aproveitando esa actuación poderíase ampliar o oco polo que transcorre para evitar inundacións nas enchentes”.

Tamén nese sentido solicitouse ao ministerio que se incorpore algún sistema de recollida de augas ao paso do vial, posto que “en momentos de choiva intensa, a auga descende cara algunha das casas que se sitúan á marxe e tamén pode provocar danos” explicou Muíños.

Por outra banda, actualmente na zona existe unha parada de autobús “na práctica, aínda que sen infraestrutura” polo que se solicitou que “nese proxecto se contemple tamén a creación dun espazo para que poida parar o autobús e que lle dea seguridade ós peóns”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies