Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Premiados 2025 na Alba de Compostela

compostela-alba-de-compostela-slide-normal-19-xullo-2023_r

O concello de Santiago de Compostela ven de dar a coñecer os nomes dos homenaxeados na Alba de Compostela 2025: á Médica Charo Rúa, o Ferreiro Chago Martínez, a Cantareira Aurora de Freira e o Hostaleiro Suso Do Dezaseis

Aínda que comezou con polémica, un pouco artificial, na primeira edición a Alba de Compostela comeza a ser unha das citas do mes de xullo e unha oportunidade para poñer nome e cara a esa xente que leva anos construíndo Compostela.

En este caso os nomes aos que se renderá homenaxe na Alba de Compostela son os da médica Charo Rúa, o ferreiro Chago Martínez, a cantareira Aurora de Freira e o hostaleiro Suso do Dezaseis

O Consello Asesor de Condecoracións aprobou por unanimidade as catro distincións coa Alba de Compostela 2025 atendendo ás respectivas traxectorias profesionais e persoais das persoas elixidas, mais tamén ao seu arraigo social e a súa relevancia nos distintos ámbitos que representan.

imaxe da edición 2024

As catro persoas distinguidas son referentes no eido da sanidade, dos oficios tradicionais, da transmisión da poesía popular oral e da hostalería, e todas teñen unha fonda vinculación con Compostela ben a través da súa actividade profesional ou da súa traxectoria persoal.

Distincións Alba de Compostela 2025

Rosario García Rúa, máis coñecida como Charo Rúa, esta considerada a médica de helicóptero decana do Estado español. Desenvolveu a súa actividade no eido da sanidade durante máis de catro décadas,  traballando como médica no helicóptero do 061 durante 34 anos. Tamén destaca no mundo da docencia e da divulgación especializada dirixida a profesionais do eido sanitario, das forzas de seguridade e de entidades de voluntariado.

Santiago Martínez Otero, coñecido como ‘Chago’, é un mestre ferreiro especializado en forxa de construción e na súa restauración, e que desenvolve o seu traballo de modo tradicional e empregando técnicas do oficio practicamente perdidas na actualidade. Traballou na restauración das forxas de gran número de edificios emblemáticos de Compostela: na Catedral, no Pazo de Raxoi, no Hostal dos Reis Católicos, nas fontes de Santiago, ou na Colexiata do Sar. Tamén participa en diferentes iniciativas docentes e de divulgación sectorial.

Pilar Aurora Otero Pérez, coñecida como Aurora de Freira, é cantareira e informante. Nacida en Grixoa e veciña de San Xoán de Fecha destaca como transmisora da música e das melodías populares, desenvolvendo un importante papel como informante en compilacións e recollidas de música tradicional. É unha das referentes compostelás aínda en activo na transmisión da poesía popular oral.

Xesús Manuel Coba Cascallar, coñecido como Suso do Dezaseis, é o hostaleiro que puxo en marcha a Casa de Xantar O’Dezaseis asentada no barrio de San Pedro e que, neste 2025, está de 30 aniversario. Como hostaleiro destaca por crear comunidade ao redor da cociña tradicional e de calidade, e por converter o seu restaurante en lugar de xuntanza cultural e social, conseguindo crear un espazo de referencia tanto para persoas visitantes como para a veciñanza.

Post navigation

Previous: II Ruada de Val do Dubra
Next: Melloras en redes e viarios de Feros e Calo en Teo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.