Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Curso de formación de primavera no río Sarela, en Santiago

adega curso de primavera SLIDE 20 maio 2025

Adega organiza este sábado un curso de formación no río Sarela co obxectivo de aprender sobre os ecosistemas fluviais a través dos seus macroinvertebrados bioindicadores.

A Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, organiza un novo curso de primavera que en este ano terá lugar en Compostela, no río Sarela, o vindeiro. Esta xornada de formación englóbase no denominado Proxecto Ríos e chega a súa corenta edición.

O curso esta  dirixido a calquera persoa que teña interese en aprender sobre os ecosistemas fluviais e analizar a súa calidade ecolóxica a través da identificación dos macroinvertebrados presentes neles.

Este curso terá lugar o próximo sábado, 24 de maio, no local de ADEGA en Compostela e no río Sarela, en xornada de mañá, desde as 10:00 ata as 14:00 horas. O obxectivo desta formación é fornecer o voluntariado participante da metodoloxía de recollida e identificación de macroinvertebrados, animais bioindicadores que se empregan para determinar a calidade ecolóxica do río.

O punto de encontro será ás 10:00 horas no local de ADEGA (Avenida de Castelao, 20-baixo); e ás 11:00 sairase ao río Sarela para a recollida de mostras e o seu estudo. Ademais, haberá un pequeno descanso para refrixerio. Ás 14:00 daremos por finalizado o curso.

 A xornada é gratuíta, mais cómpre inscribirse previamente a través deste formulario.

Proxecto Ríos

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida pola organización ecoloxista ADEGA e que neste ano 2025 celebra o seu 20 aniversario. A súa finalidade é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos mediante as ferramentas que garantan a súa participación. En concreto, esta xornada de formación conta co financiamento da Deputación da Coruña.

Pódese consultar máis información en Adega e no Proxecto Ríos

Post navigation

Previous: Compostela mira polas súas colonias felinas
Next: O Noia Harp Fest convoca o IV premio Portus Apostoli

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.