Un ano máis as cacharelas estarán en toda a bisbarra xunto co churrasco, as sardiñas e a festa. En Compostela a Praza de Mazarelos acollerá actividades arredor do San Xoán ao longo de toda a xornada.

Compostela volva toda a maxia do San Xoán na Praza de Mazarelos. Este luns teredes alí toda a información necesaria pero tamén un feixe de actividades para desfrutar e mesmo todo o necesario para recoller as herbas como cada ano.

O programa municipal inclúe un punto de información sobre as cacharelas, todo o que precisades saber e todo o que tedes que ter en conta se ides a facer unha. Pola tarde haberá o denominado “Espazo palleiro” que contará cun photociall, imprescindible en estes tempos de postureo, e a auga máxica que arranxará todo se o ano foi malo e o mellorará se foi bo.
Programación
16:00h – 21:00h Pasarrúas de A.C. Argalleiros
17:00h Obradoiro de Herbas de San Xoán-Inscrición aquí
17:00h Obradoiro de baile galego-Inscrición aquí
18:00h Obradoiro de Herbas de San Xoán-Inscrición aquí
18;00h Obradoiro de pandeireta e percusións -Inscrición aquí
19:00h Obradoiro de Herbas de San Xoán-Inscrición aquí
19:00h Obradoiro de Xogos con música-Inscrición aquí
20:00 h Obradoiro de Herbas de San Xoán-Inscrición aquí
21:00h Obradoiro de Herbas de San Xoán-Inscrición aquí
21:30h “Colle e vai” de Herbas de San Xoán
21:30h Actuación de Cantigas e Agarimos
22:00h Foliada aberta con Cantigas e Agarimos
Paseos Botánicos – Recollida de herbas de San Xoán
10:00h
11:30h
17:00h
18:30h
Punto de encontro: Ponte de Sar
Percorrido: Senda do río Sar – Restollal
*Recoméndase reserva previa
Descarga todaa información das actividades
Descarga todaa información cacharelas da cidade
