A suma de actividades organizadas en Compostela desde o público, o co eu apoio, máis as privadas enchen as fins de semana de axendas nas que elixir é o complicado.
Pasa cada vez máis e a partir de maio converterase nunha constante; Compostela desborda de actividades para todos os públicos e isto poderíase escribir case calquera fin de semana pero eliximos este.

Non se limita a actividade de Compostela á fin de semana. Toda a semana hai exposicións, charlas e mostras pero o veres é ademais a porta da fin de semana por dereito propio. Hoxe día 9 comezamos as sete e media da tarde cunha conferencia, que podería ser unha mais pero a da o Premio Nobel de Física 2017, Kip Stephen Thoren. Será no salón de actos da facultade de Medicina e leva por título “Explorando o lado curvado do noso universo. Dende buratos negros e buratos de verme ata ondas gravitacionais e viaxes no tempo.”
Música para elixir ou non
As oito e media un terá que decidir si prefire clásico ou moderno porque a esa hora aber as porta o Riquela para que entren os fans de Pava que presenta ás 9 o seu novo traballo “Pava 3”.
Tamén as poito e media pero no Auditorio de Galicia, Jordi Francés dirixe o concerto de presentación das obras desenvolvidas no 2º Obradoiro de Composición da Real Filharmonía de Galicia. Un proxecto formativo que contou con José María Sánchez Verdú como profesor de composición e que a Orquestra realiza en colaboración do Festival RESIS. A entrada ao concerto é libre até completar capacidade.
As nove e media na Sala Capitol estará ademais Mondra que repetirá mañá sábado. Ven presentar o seu novo traballo Ronda, un espectáculo musical pero seguro que tamén moi visual.
E se un non é de concertos pois as oito e media no Teatro Principal, a compañía Contraproducións leva á escena Apaga o candil, unha obra teatral con texto e dirección de Cándido Pazó e interpretada por Avelino González e Toni Salgado.
A peza recupera diversos episodios da vida do Xestal e forma parte do foco Memoria en Escena de Compostela Cultura. Ao remate do pase, conversa aberta co equipo creativo da obra.
Sábado e domingo
Xa dixemos que Mondra repite o sábado na Captol, dous dñias coa sala chea para ver a un artista galego, cantando en galego e fusionando música tradicional co máis moderno, algo impensable ata hai moi poucos anos.
No ano no que se cumpren cen anos da anexión de Conxo a Compostela hai e haberá actos vinculados a este barrio. O sábado as doce do mediodía no Auditorio de Galicia terá lugar un faladoiro que leva por título unha frase moi retranqueira vinculada ao sanatorio psiquiátrico do barrio “Conxo capital mundial da movida mental”.
Este faladoiro pregúntase pola importancia do seu Hospital Psiquiátrico, unha verdadeira cámara de ecos das violencias, ansiedades e utopías da Modernidade galega. Construído en 1885 como unha clínica privada e relixiosa, promoveu a tala da carballeira de Conxo, denunciada na obra En las orillas del Sar por Rosalía de Castro.
Así, a memoria do famoso Banquete de 1854 e o fantasma das tradicións republicanas e galeguistas foron conxurados na construción dun Psiquiátrico sinistro, deseñado como unha máquina especializada en illar os marxinados do sentido común social. Mulleres pobres, labregos desposuídos, migrantes traumatizados, presos políticos, e outros moitos disidentes foron violentamente confinados, xerando no camiño importantes beneficios para os administradores do centro.
No Psiquiátrico tamén tivo lugar unha das experiencias de crítica institucional máis radicais dos anos setenta, protexida polas tapias da propia institución. Entón, un conxunto de médicos progresistas tentaron de democratizar a vida e os traballos do centro, coa complicidade de internas, traballadoras e veciñanza. Reprimida, perseguida e defendida, a experiencia da «movida mental» de Conxo estaría conectada coas correntes internacionais da arte outra, da psiquiatría alternativa e das loitas políticas revolucionarias. Ese outro Conxo converteuse nun faro para o movemento estudantil local, na «revolta dos pisos» de 1979.
Os estudantes de Compostela responderán así vindicando as enerxías creadoras dos internos máis singulares, Mestre Catalán, Bretón, etc, e discutindo a necesidade de derribar os muros de todos os moitos manicomios físicos e mentais que nos definen.
Neste faladorio participan a xornalista e escritora Montse Fajardo (Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela, 2023), o artista Marcelino de Santiago ‘Kukas’, autor dunha serie de retratos dos internos de Conxo que se poden ver na mostra, e o fotógrafo Antonio Nodar, quen falará da súa aprendizaxe con Felix Guattari na Clinique de La Borde en Francia, acompañados polo comisario e investigador Germán Labrador Méndez.
O sábado as seis da tarde os máis cativos da casa teñen reservado para eles o Auditorio de Galicia xa que se representa “Un pez en el corazón” de Mar Mar Teatro, recomendado para nenos de 3 anos. Dura 50 minutos e aa linguaxe é castelán.
Marti non sabe onde viven os medos. Habita nunha vila costeira con olor a salitre. Seu pai é mariñeiro e pasa moito tempo no mar. Un día gris de espera no porto sorpréndea unha gran tormenta que a tirará ao mar. Marti comezará unha viaxe profunda ao longo do fondo mariño; para a que terá que aprender o idioma dos medos e os peixes.
O domingo a Banda Municipal de Mñusica vai ao Auditorio para ás doce do meiodía dar un concerto que percorre Compostela desde o título: Do Banquete de Conxo ao Paseo dos Leóns, dous lugares que para os composteláns non necesitán presentación.
O domingo tamén pensa nas familias e nos nenos. A Casa das Máquinas converterase nun luar de xogos desde as 11 ata as 13 horas co espectáculo SororAs.
SororAs é un espazo de creación e aprendizaxe en igualdade dende a aplicación da perspectiva de xénero. A través dos xogos tradicionais, constrúen un espazo de diversión para a rapazada de 1 a 12 anos, no que aprender cos brinquedos de hoxe e de sempre. Pensados principalmente para poñer a proba a axilidade mental das persoas que participen, así como fomentar o traballo en equipo dende unha experiencia interxeracional, inclusiva e con perspectiva de xénero.
Como vedes cousas que facer hai só é preciso ter ganas e saír a desfrutar da cidade por moitos turistas que un teña que esquivar. Si sumamos festas extra muros como a do Melindre en Melide o ideal e comprar unha caravana para non volver a casa.