Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Compostela acolle o Festival Plataforma 2021

Este xoves comeza en Santiago o Festival de artes performativas Plataforma con máis de 3o propostas culturais.
compostela-festival-plataforma-slide-26-maio-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 26 de maio do 2021 – Este xoves comeza en Santiago o Festival de artes performativas Plataforma con máis de 3o propostas culturais.
    • Exposicións e concertos

Compostela, 26 de maio do 2021 – Este xoves comeza en Santiago o Festival de artes performativas Plataforma con máis de 3o propostas culturais.

Plataforma durará ata o cinco de xuño ocupando espazos como o CGAC, o Museo das Peregrinacións ou distintas prazas e espazos da cidade. O festival foi presentado pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e contou coa asistencia de Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Santiago Olmo, director do CGAC; e dos directores do Festival, Iñaki Martínez, Mónica Maneiro e David Barro.

Mercedes Rosón explicou que “Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa tradición e coa innovación cultural, preocupado pola sustentabilidade e por proxectar talento local”.

Pola súa banda Anxo Lorenzo dixo que se trata dunha proposta  “especialmente simbólica porque volve celebrarse cando a cultura se está a consolidar como máis necesaria que nunca e cando está a ser fundamental crear pontes para contribuír a que os profesionais do sector continúen traballando e compartindo o seu traballo co público de xeito seguro”.

Ao longo de dúas semanas, daranse cita preto dunha trintena de propostas culturais, que comezarán no Museo das Peregrinacións e de Santiago coas conversas organizadas cos creadores Verónica Moar e Álvaro Valiño sobre deseño performativo. O Festival Plataforma traerá tamén á coreógrafa, bailarina e artista visual La Ribot, que ofrecerá a súa visión sobre a danza contemporánea nun novo formato coreográfico Las piezas distinguidas. Poderá verse o 1 de xuño no CGAC e se completará cunha conversa coa artista ese mesmo día.

O CGAC acollerá tamén en estrea absoluta a proposta artística da bailarina e creadora galega Janet Novás Where is Janet? o venres 28 e o sábado 29 de maio e a programación do Festival inclúe así mesmo a exposición Accións peregrinas que recompila algunha das instalacións paradigmáticas da artista Pilar Albarracín.

Exposicións e concertos

Ademais de nestes museos, tamén se celebrarán concertos, performance e exposicións en espazos como a praza do Obradoiro e a praza da Quintana, o parque de Belvís e o parque de Bonaval, a praza de Mazarelos e a praza de San Martiño Pinario, a Facultade de Xeografía e Historia e a Igrexa da Universidade.

En conxunto, contarase coa participación de artistas como Mariana Tegner Barros. Janet Novàs, Mar Ramón + Da Rocha, Félix Fernández, Mónica Mura, Fundación DIDAC, Lara Dopazo Ruibal, Vacaburra, Vasco Araújo, Pilar Albarracín, Marta Verde+ DJ, Anacos. Estarán abandeirados, entre outros por contribucióins como La Ribot, Christian García Bello, Mirar o son, Manuel Eirís, Juan López e a banda municipal de Compostela, Cabello /Carceler, Paula Quintás, Berio Molina e Alejandra Pombo, Orquestra Galega de Liberación, Olalla Cociña, Menina arroutada, Marta Fernández Calvo, Pablo Fidalgo, Vertixe Sonora, María Roja, Lar Legido. Cenlitrosmetroscadrado, María Ramos, Adriana Pazos Ottón.

O festival Plataforma de artes performativas celebra así a súa segunda edición. É un proxecto de Performa, Sociedade Cooperativa Galega que producen conxuntamente a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela e no que colaboran a Fundación María José Jove, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. A programación completa pode consultarse na web www.plataforma.gal.

Post navigation

Previous: A ciencia toma a noite
Next: Vedra premiada pola Federación Española de Municipios e Provincias

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.