Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Reclaman que se actualicen os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero en Compostela

Compostela Aberta reclama que se actualicen os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero da cidade.
compostela-en-negro-contra-violencia-en-europa-slide-7-novembro-2017-(2)_r

Compostela, 19 de outubro do 2022 – Compostela Aberta reclama que se actualicen os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero da cidade.

Imaxe de arquivo da concelleira Marta Lois

A concelleira Marta Lois pediu que se realice un informe sobre a situación das mulleres vítimas da violencia machista en Santiago, “atendendo ás múltiples dimensións desta violencia, non só física, senón tamén psicolóxica, económica, obstétrica ou mesmo dixital”.

No vindeiro pleno municipal presentarán unha moción na que se insta ao goberno municipal a actualizar a información do Observatorio. Tamén demandará a posta en marcha de actividades municipais de apoio institucional ao 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, así como que o Concello colabore co movemento feminista na organización e loxística dos actos do 25-N.

Marta Lois urxiu ao Goberno local a “atender os compromisos e as actuacións que ten pendentes en materia de Igualdade, e polos que Compostela Aberta vén preguntando reiteradamente desde o inicio do mandato”. A concelleira de CA insistiu en que “pouco sabemos do que se fixo ao longo deste mandato, e de como evolucionou a situación das mulleres de Santiago nestes últimos tres anos”.

Lois pediulle ao Goberno que elabore un informe “para transparentar información que consideramos moi relevante, como cantas mulleres foron atendidas pola concellería de Igualdade, cantas mulleres novas ou universitarias foron atendidas por mor dunha situación relacionada coas violencias machistas, cantas intervencións se realizaron nos puntos Lilas instalados nas festas, cales son os recursos de saída ou habitacionais dos que dispón o Concello para situacións de emerxencia por violencia de xénero, ou cantas veces se reuniu a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero”.

A concelleira de Compostela Aberta reclamoulle ao Goberno que “adopte unha posición máis activa para facer de Santiago unha cidade libre de violencias machistas, con iniciativas que permitan identificar, visibilizar e concienciar á cidadanía sobre as súas diferentes formas, para que as mulleres vítimas non se sintan soas fronte a calquera tipo de agresión machista”. Nese sentido, defendeu a necesidade dunha campaña transversal impulsada desde a administración local “que piña ao dispor da cidadanía todos os recursos adecuados para avanzar cara unha sociedade plenamente igualitaria”.

Post navigation

Previous: Máis de seis millóns de euros para mellorar o saneamento urbano de Lalín
Next: Novas queixas por outra avaría na barcaza de Portodemouros

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.