займ срочно

Propoñen que a taxa turística se destine a fomentar o turismo sustentable

0

Compostela, 21 de setembro do 2022 – Compostela Aberta proporá no vindeiro pleno municipal que o recadado coa taxa turística se destine a un fondo local de fomento do turismo sustentable.

Este fondo local estaría xestionado desde un grupo de traballo participado que decidiría as prioridades dos investimentos. CA propón tamén que gravame varíe dependendo da categoría dos establecementos e que poida ter exencións por determinadas causas.

A voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, explicou que non chega con que se asuma a necesidade da taxa turística “que levamos anos defendendo”, e preciso tamén un modelo que sirva para “avanzar cara un modelo turístico máis sustentable e para a mellora da convivencia entre os visitantes e a cidadanía de Compostela”.

Marta Lois mostrouse convencida “da conveniencia de que Bugallo acuda á reunión co presidente Rueda do 21 de outubro cos deberes feitos, e cunha reflexión seria previa sobre o gravame”.

Lois engade que “é fundamental que o alcalde reclame un modelo que, aínda que teña que ser regulado a través dunha lei autonómica, permita exercer a autonomía local e que, ademais, fomente a participación do sector e do tecido social e veciñal para decidir sobre as prioridades a financiar co diñeiro recadado por esa vía”.

Compostela Aberta propón como posibles destinos da taxa turística accións para a protección e preservación do patrimonio, o fomento da desestacionalización, a modernización do sector turístico e a mellora da calidade do emprego, ou o impulso de proxectos de I+D+i que contribúan á diversificación económica de Santiago.

Preguntas sobre o plan de sustentabilidade

No Pleno, a portavoz de CA tamén interpelará ao concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte,  sobre o grao de execución do Plan de Sostibilidade Turística, presentado en novembro de 2020.

Este plan está dotado de tres millóns de euros, dividido en cinco eixos estratéxicos e cun total de 18 accións concretas Marta Lois explica que “a día de hoxe descoñecemos en que medida se están desenvolvendo, malia que no propio documento se establecía cales delas debían terse iniciado xa en 2021”.

A concelleira salientou que “o que seguimos tendo son moitos contratos menores en materia de turismo, moitos deles relacionados co Plan de Sustentabilidade, pero que non son máis que estudos que non se están a materializar en ningunha acción na práctica”.

Pon como exemplo o financiamento con cincuenta mil euros a realización de tres estudos distintos sobre o Centro Gastronómico de Galicia. Esta infraestrutura está prevista no Plan de Sustentabilidade, pero “a día de hoxe nada sabemos dese proxecto nin dos prazos que se manexan para a súa creación”.

Marta Lois engade, para a consulta que levará a pleno, a licitación do servizo de xerencia do Plan “que se iniciou a finais do mes de xuño e que segue sen estar resolto”. Para a concelleira “é difícil de entender que o Goberno non teña contratada, en setembro de 2022, a xerencia dun Plan de Sustentabilidade que se debería executar no período 2021-2023”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies